Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Eólicos no Morrazo NON invita a asistir mañán á concentracion diante da sede da Xunta contra a ubicación de parques na nosa comarca

Carriola.Plataforma.28.01.22

Eólicos no Morrazo NON chamamos á cidadanía a participar na concentración convocada este sábado 29 ás 12 h diante da sede da Xunta en Pontevedra por Así Eólicos NON. Sumámonos a colectivos do interior da provincia de Pontevedra, que se enfrontan a unha verdadeira avalancha eólica, para esixir unha  verdadeira paralización do actual plan sectorial eólico. 

Facéndonos eco das conclusión do informe multidisciplinar Enerxía eólica e paisaxes culturais en Galicia, coordinado polo Consello da Cultura Galega, urxe “unha moratoria  para poder revisar o Plan sectorial eólico de Galicia e o seu sometemento a avaliación ambiental estratéxica”.

Esta paralización é, se cabe, máis necesaria ca nunca, tras a recente resolución do TSXG, que pon de manifesto graves irregularidades na tramitación de parques eólicos por parte da Xunta de Galicia, contraria a dúas directivas europeas en materia de medio ambiente. Desde Eólicos no Morrazo NON consideramos gravísimo que desde a administración autonómica non se sigan escrupulosamente os procedementos administrativos na tramitación de infraestruturas industriais deste tipo, que condicionan por un período medio de 30 anos os usos do monte e que transforman de xeito irreversible a paisaxe, os hábitats e os modos de vida de milleiros de galegas e galegos.

Continuamos a nosa folla de ruta

Neste contexto, e a pesar de que o 1 de xaneiro entrou en Vigor a moratoria da Xunta que paraliza durante 18 meses o rexistro de novas instalacións, desde Eólicos no Morrazo NON continuaremos alerta ante calquera posible intento de instalar aeroxeradores no Morrazo. Sobre todo, tendo en conta que a Xunta pode en calquera momento reabrir o rexistro ou tramitar por acordo do Consello da Xunta parques que eles consideren de especial interese económico e social, deixando unha porta aberta a saltarse a súa propia moratoria. Para nós, mentres exista a Área de Desenvolvemento Eólico do Morrazo, a posible construción dun ou varios parques eólico é unha ameaza latente. Por esa razón, en canto a situación sanitaria o permita, retomaremos o noso ciclo de charlas e xuntanzas informativas co obxectivo de achegar á cidadanía, asociacións e comunidades de montes do Morrazo  do Morrazo as implicacións que pode ter un macro-parque eólico nunha zona xeograficamente tan limitada e tan densamente poboada como é a nosa comarca. Por outra banda, seguiremos traballando no eido institucional, mantendo canles de traballo abertas coas diferentes administración con competencias no Morrazo.

Rexeitamento das corporacións do Morrazo

Neste sentido, valoramos moi positivamente que 4 dos 5 concellos da comarca teñan aprobado mocións contrarias á implantación de parques eólicos. Consideramos que é unha mensaxe rotunda e clara: a maior parte das institucións da comarca, así como o sentir maioritario da cidadanía, é contrario á desfeita que estes proxectos suporían para os nosos montes.

Por outra banda, se ben valoramos positivamente as declaracións contrarias á instalación dun parque eólico en Marín que o Concello expresou nos medios de comunicación, considerámolo insuficiente.  Tal e como tivemos ocasión de comentar co equipo de goberno nunha xuntanza mantida o pasado mes de decembro, é esencial que o concello traslade o seu posicionamento a unha moción ou declaración institucional. A cidadanía de Marín, igual que a do resto do Morrazo, ten expresado a súa profunda preocupación ante a posible instalación de parques eólicos  e demanda por parte dos seus representantes públicos un pronunciamento institucional que deixe clara a postura do concello de Marín.  

Desde a plataforma, consideramos que a instalación dun parque eólico nos montes do Morrazo é un problema que sobrepasa os lindes de cada municipio. Por esa razón, cominamos aos concellos a traballar de forma conxunta e coordinada, que permita aunar esforzos e recursos contra estes proxectos.

 

roslev