Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Novas asambleas e unha manifestación reivindicativa por unha mellor sanidade pública para o mes de febreiro en Marín

CarriolaIria Aboi (*). 30.01.22

A Plataforma de Seixo convoca asembleas informativas en todo o concello de Marín e anuncia unha manifestación para o domingo 13 de febreiro “por unha atención primaria digna e contra os recortes” nos Centros de Saúde de Seixo e Marín e nas urxencias deste concello.Denuncia tamén que “sen persoal, non hai sanidade pública de calidade para a veciñanza e non podemos lamentarnos cando haxa unha desgraza”

 A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo, que agrupa a 20 colectivos e asociacións das parroquias de Santomé de Piñeiro, O Campo, Ardán e Seixo, no concello de Marín, anuncia a convocatoria de asembleas veciñais entre o día 1 e o 9 de febreiro sobre a grave situación nos Centros de Saúde de Seixo e Marín,  e anuncian unha manifestación para o domingo 13 de febreiro en defensa dunha atención primaria digna e contra os recortes nas urxencias e nos Centros de Saúde de Seixo e Marín.

Días e hora das asembleas

As primeiras asembleas serán o martes 1 de febreiro na Casa da Cultura do Campo, o mércores 2, na Casa da Cultura de Ardán, o xoves 3, na Casa da Cultura de Santomé e o venres 4, na Casa de Cultura de Seixo. A seguinte semana, o luns, día  7,  haberá xuntanza veciñal na Casa da Cultura de San Xián, o martes 8 no Multiusos de Estribela e o mércores 9 na Biblioteca de Marín. Todas as xuntanzas veciñais serán ás 8 da tarde, mantendo todas as medidas de seguranza contra a Covid-19 de máscaras e distancia interpersoal.

Os motivos xa coñecidos

Convócanse estas asembleas informativas porque o deterioro na atención primaria do concello é evidente. Os recortes de persoal, froito da política da Xunta de non cubrir baixas nin permisos, leva a que haxa cupos enteiros de pacientes sen a atención necesaria, aumento dos tempos de agarda para unha cita, demoras en derivacións a especialistas e problemas no seguimento de crónicos. Sen persoal é difícil que se atendan e diagnostiquen todas as doenzas.

Dende a Plataforma exemplificamos os recortes nos centros de Saúde da localidade en Seixo onde, 6 meses despois segue sen cubrirse a tempo completo a xubilación dun dos dous facultativos, e en Marín, non están pasando consulta os 14 facultativ@s que corresponde co que hai longas colas e, por exemplo, para ter informada unha placa hai que agardar varios meses.”  

Urxencias en precario

Ademais, a Xunta recortou os médicos das urxencias do PAC. É gravísimo que nun concello de 24.000 habitantes e cun porto de interese xeral do estado só haxa un médico e que cando ten que saír na ambulancia teña que deixar os pacientes que agardan atención urxente desatendidos, situación que se agravou no Nadal, porque non había ningún médico, e deriváronse os pacientes a Bueu e a Parda (en Pontevedra).”

Sen persoal non hai calidade

Ssen persoal, non hai sanidade pública de calidade para a veciñanza; hai máis sobrecarga e esgotamento dos profesionais existentes e unha atención primaria ao límite. Só hai que ver as consecuencias dos recortes en urxencias no concello de Moaña con catro mortes en dez días. En Marín non queremos que se nos siga recortando no noso dereito a unha atención sanitaria digna e por iso é necesario mobilizarse e non lamentarnos cando haxa unha desgraza.”

Manifestación en Marín

Nese sentido, convócase unha manifestación o 13 de febreiro, con saída ás 12 do Centro de Saúde de Marín en defensa dunha atención primaria digna e contra os recortes nas urxencias e nos Centros de Saúde de Seixo e Marín, convocatoria que coincide coa que as Plataformas de Moaña e Cangas van levar a cabo ese mesmo día, coa mesma reinvindicación e apoiadas polos seus gobernos muncipais porque a presión da xente é a única maneira de parar o desmantelamento da sanidade pública. A veciñanza de Marín, unida, ten que lembrarlle unha vez máis á Xunta que coa nosa saúde non se xoga.

(*) Portavoz da Plataforma

 

 

roslev