Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG na defensa do sector comercio de Marín

CarriolaLucía Santos Omil (*).06.02.22

 Os membros do BNG percorremos preto de 200 comercios, tanto en Marín como en Seixo, para falar cos/as comerciantes e escoitar a súa opinión. A principal conclusión que extraemos nesta campaña é a queixa xeral da falta de promoción e apoio do Concello de Marín ao sector do comercio, con actuacións claramente insuficientes e de moi limitado alcance

 Dende o BNG de Marín lanzamos no pasado mes de decembro a campaña “Pensar Marín”. O noso concello atópase inmerso nunha preocupante tendencia, que se reflicte na perda de poboación rexistrada desde o ano 2011, coincidindo coa chegada ao goberno municipal do PP de María Ramallo, década na que Marín perdeu 1.749 habitantes (- 6,73%), pasando de ser o concello con máis poboación da comarca do Morrazo a ver como Cangas nos supera en 2.460 habitantes.

A decadencia do noso concello pode verse a simple vista, mais os datos confirman esta percepción xeral. É por isto que, ante a nefasta xestión do goberno municipal do PP e a súa parálise e absoluta incapacidade na procura de solucións, no BNG decidimos mover ficha e iniciar un proceso de reflexión colectiva para analizar as causas desta tendencia tan negativa de cara a reverter a situación convertendo Marín nun concello dinámico e vivo.

O primeiro obxectivo desta campaña foi o comercio local, un sector que arrastra desde hai anos unha importante crise. Percorremos preto de 200 comercios, tanto en Marín como en Seixo, para falar cos/as comerciantes e escoitar a súa opinión, tanto os aspectos positivos como as súas queixas, demandas e propostas. Amais, deixamos un pequeno cuestionario en todos os comercios que visitamos en relación a unha serie de temas concretos.

Temos que agradecer a boa acollida do sector do comercio, que valorou moi positivamente a nosa iniciativa de achegarnos aos seus locais para coñecer a súa opinión, e a participación dos/as comerciantes coa entrega de ducias de cuestionarios e as suxerencias aportadas nas conversas durante a campaña.

Hai unha gran coincidencio entre o comercio e o BNG á hora de analizar a situación do sector e do concello en xeral, e nestas semanas recollimos as preocupacións, demandas e ideas do sector, coa idea de mellorar a situación dun sector económico que para o BNG é fundamental, que xera traballo, benestar e vertebración social nas vilas e cidades.  

Resulta evidente que a competencia das grandes superficies e o aumento das compras por internet son dous importantes factores que dificultan, e moito, a supervivencia do comercio local, máis a principal conclusión que extraemos nesta campaña é a queixa xeral da falta de promoción e apoio do Concello de Marín ao sector do comercio, con actuacións claramente insuficientes e de moi limitado alcance.

Amais, o comercio solicita melloras nas rúas, como maior limpeza, mellor iluminación en determinadas rúas, embelecer as rúas e o adecentamento dos locais baleiros, que dan moi mala imaxe, entre outras cousas. Por outra banda, demandan maiores facilidades a emprendedores e formación. Tamén, os comerciantes da rúa do Sol, demandan un maior control do tráfico nesta céntrica rúa.”

Por outra banda, en relación coa situación do concello, o sector do comercio demanda unha maior promoción turística de Marín, unha axenda cultural e oferta de lecer, actuacións cara a mocidade e a dotación dunha zona comercial que favoreza a creación de emprego. Todas estas cuestións son destacadas como causas da negativa tendencia do noso concello, e resulta evidente que actuacións nestes ámbitos beneficiarían o comercio local.

O BNG de Marín presentou unha moción en maio de 2020, aprobada no Pleno da Corporación, con medidas concretas de apoio ao comercio, como unha Axenda Cultural, campañas, mellora da mobilidade e formación, mais sen aplicación por parte do Goberno local desde entón. Esta mesma semana a Portavoz municipal do BNG de Marín solicitou na comisión de comercio, novamente, máis campañas de apoio ao comercio local ao longo do ano.

Solicitamos ao Concello de Marín un compromiso firme e decidido co comercio local. E seguiremos nesta liña de apoio, trasladando propostas e ideas, demandando do goberno local a posta en marcha de campañas innovadoras e atractivas, que fagan que os marinenses aposten polo comercio local, e a inxección de máis recursos económicos dirixido a beneficiar un sector que resulta crucial para Marín.

Xa por último, informar que a campaña “Pensar Marín” terá continuidade nos vindeiros meses co contacto con outros axentes sociais e coa veciñanza do noso concello, do que informaremos proximamente.

(*) Portavoz do BNG na Corporación Municipal

 

 

 

roslev