Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A ampliación do abastecemento de Bexe avanza para dotar deste servizo a 35 vivendas
Carriola. Concello de Marín. 08.02.22
 
 Xa está instalada toda a tubaxe da rede e no que resta de mes procederase á repavimentación
 
A inversión total é de 126.000 euros con cargo ao remanente de tesourería 
 
El Concello de Marín informa del avance de las obras de abastecimiento de agua de la zona de O Bexe que ya están próximas a su fin.
"A obra de ampliación da rede de abastecemento en Bexe, coa que se dotará desteservizo esencial a 35 vivendas deste lugar de Seixo, está preto da súa finalización. Segundo explicou o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, xa está prácticamente colocada toda a tubaxe que conforma a nova rede. “Agora, nos próximos días, realizarase a proba de presión e despois iniciarase a reposición do pavimento. Ademais, executarase unha cuneta nun dos viais, que estaba moi deteriorada e que por iso é preciso facela de novo”, explicou o edil. Novas lembra á veciñanza que se beneficiará da nova rede de que desde xa poden solicitar a conexión ao abastecemento, a través do Rexistro do Concello.
“Estamos moi satisfeitos de ter levado a cabo esta obra, porque é unha actuación moi importante que os veciños levaban tempo demandando, xa que sobre todo no verán tiñan problemas cos seus abastecementos privados. Deste xeito, poñemos fin á problemática”, acabou Novas. A inversión realizada da actuación é de 126.000 euros, con cargo ao Remanente de Tesourería".
roslev