Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O concello convoca un Grupo de Acción Urbana para facer presentación do Plan de Mobilidade Urbana Sostible

Carriola.Redacción.15.02.22

Será o 24 de febreiro ás 19.00 horas no Museo Municipal Manuel Torres sendo unha convocatoria aberta a toda a cidadanía, con aforo limitado. É preciso a inscrición previa e intervirán a alcaldesa, María Ramallo, e un representante de Proyestegal, a empresa redactora do Plan. O PMUS forma parte da Estratexia Marín Dusi, cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea.

 O Plan de Mobilidade Urbana Sostible será debatido e comentado no próximo Grupo de AcciónUrbana que o Concello de Marín convoca para o 24 de febreiro, ás 19.00 horas, no Museo Manuel Torres. Tal e como explican desde a administración local, a convocatoria está aberta a toda a cidadanía que teña interese en coñecer os pormenores do plan que se está a elaborar e que servirá de folla de ruta para as actuacións futuras na vila de Marín en materia de urbanismo, mobilidade e mellora e optimización do espazo público.

Inscripción previa necesaria

Para acudir será preciso inscribirse previamente no enlace: bit.ly/GauMarin. Esta presentación contará ca intervención da alcaldesa, María Ramallo, que exporá cales foron os cauces institucionais que houbo que poñer en marcha paraa elaboración do PMUS e cales son os obxectivos do Goberno local de cara á construción do Marín que queremos.

Tamén intervirá un dos técnicos da empresa Proyestegal, que é a encargada de redactar este plan de mobilidade, que se enmarca dentro da estratexia Marín Dusi, cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea.

 

roslev