Carriola.Redacción.18.02.22
A Portavoz municipal do BNG de Marín, Lucía Santos, expresa “o máis fondo afecto e solidariedade do BNG de Marín aos supervivintes, así como ás familias e amizades da tripulación do pesqueiro Villa de Pitanxo con base en Marín, afundido en augas de Terranova, ante os duros momentos que están a vivir.”
Lucía Santos afirma que “Son uns días tristes nos que o pobo galego, aínda conmocionado pola traxedia do Villa de Pitanxo, chora a morte de dez mariñeiros e espera con ansiedade novas dos once desaparecidos.”
No mesmo comunicado, o BNG destaca que “En Galiza temos un forte vínculo co sector da pesca e marisqueo polo que coñecemos ben a dura vida no mar. Marín e a comarca do Morrazo, terra de mariñeiros, vive con pesar este feito desgraciado que afectou a tres veciños naturais de Marín, tres de Cangas, un de Bueu e un de Moaña, ademais dos mariñeiros de Ghana e o Perú, a maioría dos cales formaban parte tamén da veciñanza do Morrazo, especialmente de Marín, polo que desde o BNG enviamos unha fonda aperta ás súas familias e amizades que viven con incertidume estes difíciles momentos lonxe da súa terra;Aperta inmensa!”, remata.
Suspendida a manifestación do domingo pola Sanidade Pública
Por outra banda, desde a Plataforma de Seixo anunciase o decisión de pospoñer a manifestación da sanidade de Marín prevista para o domingo 20 a consecuencia da traxedia no “Villa de Pitanxo”, expresando o pesar xeral e “todo o cariño e apoio ás familias e amizades dos tripulantes”.
Iria Aboi, portavoz do colectivo en reivindiación do centro de saúde de Seixo, expressa no nome do colectivo veciñan das parroauias afectadas, “o profundo pesar ante o afundimento en augas de NAFO do pesqueiro Villa de Pitanxo, con porto base en Marín e quere trasladar todo o noso cariño e apoio a familiares e amizades dos 21 falecidos e desaparecidos.”
Asimesmo, no seu comunicado manda o afecto para a tripulación do buque galego Playa Menduiña dos, primeiro en chegar á zona e tamèn ao portugués Novo Virgem da Barca asi como ao resto do dispositivo de rescate, recolecendo ademáis que “estes están a ser momentos moi duros para Marín e para o resto dos concellos do Morrazo. Nas vilas mariñeiras como a nosa sabemos que o mar dá vida pero tamén causa dor... Quen máis, quen menos ten sufrido este tipo de traxedias no mar e hoxe son 8 familias de Marín, compañeiros, amizades e veciñ@s quen choramos a perda dos nosos.”
Aprazamento da manifestación
“Nese sentido - remata o comunicado do colectivo - as veciñas e veciños da Plataforma anuncian “o aprazamento” da manifestación este domingo 20 de febreiro en Marín en defensa dunha atención sanitaria digna, xa retrasada polo mal tempo do domingo 13 , por respecto a todos os veciños que perderon a vida nesta traxedia e aos seus seres queridos e, en canto sexa posíbel, concretaremos a data desta necesaria mobilización para seguir a defender tod@s xunt@s o noso dereito a unha atención sanitaria digna.”
O Ateneo Santa Cecilia suspende todas as actividades
O Ateneo Santa Cecilia, pola súa banda, únese a dor xeral pola traxedia marítima comunicando textualmente:”A Xunta Directiva do Ateneo Santa Cecilia ao tenor dos acontecementos acaecidos no día 15 de febreiro, sobre o afundimento do pesqueiro Villa de Pintaxo do Grupo Nores de Marín, queremos comunicar o noso máis profundo pesar ante esta terrible noticia e trasladar a todos e todas os/as afectados/as, familiares, amigos/as e veciños/as todo o noso afecto e solidaridades nestes momentos tan tráxicos.
Queremos tamén comunicar que decidimos cancelar todas as actividades previstas do Ateneo Santa Cecilia con motivo do Entroido e o Enterro da Sardiña por respecto ao sentimento de dor xeneralizado de toda a Vila de Marín e Comarca do Morrazo”.