Carriola.Redacción.19.02.22
Desde o Museo do Mar de Marín e no nome dos seus xestores, xente relacionada co mar e cercana ao oficio do mariñeiro, o presidente da entidde José Antonio Pérez Santiago nos remite unha nota de condolencia polo naufraxio do barco de Marín en Terranova.
“O Museo do Mar de Marín súmase ás manifestacións de dor pola traxedia do naufrauxio do "Vila de Pitanxo" e quere trasladar o seu máis sentido pésame ás familias dos falecidos e desaparecidos.
Tamén queremos expresar os nosos profundos desexos de que se atopen aos desaparecidos e de que se poñan a disposición todos os medios para facelo posible.
Finalmente, poñémonos a disposición das familias para axudar no que sexa necesario”.