Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Ateneo Santa Cecilia comunica o fallo do concurso escolar de debuxos do Enterro da Sardiña

Carriola.Redacción.04.03.22

Un dos actos tradicionais do Entroido marinense dos que aporta o Ateneo Santa Cecilia á programación xeral ademáis do Enterro da Sardiña e o concurso de Filloas e Orellas, é o concurso de debuxos sobre, precisamente o enterro. Este ano pola cuestión pandémica todo quedou reducido aos debuxos e porque, cando se decidiu a suspensión, xa estaba convocado ademáis do carácter escolar que ten o certame 

E precisamente desde o Ateneo foi emitido onte o resultado do concurso no que participaron numerosos rapaces e rapazas dos centros escolares do entorno. Desde a directiva da asociación cultural  querese Agraceder a colaboración e implicación por parte dos centros escolares participantes: CEIP do Carballal, Colexio Inmaculada Concepción, CEIP de Seixo e Colexio Sagrado Corazón de Placeres. Especialmente a dos/as seus/súas docentes, sen olvidarnos de cada un dos nenos e nenas que puxeron a nosa disposición todo o seu arte e ilusión.

 Tras resaltar a gran participación e a notable calidade dos traballos presentados, o Xurado calificador establece estes premios:

CATEGORÍA A

  • 1º PREMIO: Julia Omil García (EEI O Grupo)
  • 2º PREMIO: Rubén Malaquías Heras (EEI O Grupo)
  • 3º PREMIO: Amalia González Martínez (Colexio Sagrado Corazón de Placeres)
  • 4º PREMIO: Elsa Sanjorge Pesqueira (EEI O Grupo)

CATEGORÍA B

  • 1º PREMIO: Anxo Novegil Coego (Colexio Sagrado Corazón de Placeres)
  • 2º PREMIO: Sofía Amado Torres (Colexio Sagrado Corazón de Placeres)
  • 3º PREMIO: Rocío Ardid Varela (Colexio Sagrado Corazón de Placeres)
  • 4º PREMIO: Ainhoa Sánchez Sanisidro (Colexio Sagrado Corazón de Placeres)

CATEGORÍA C 

  • 1º PREMIO: Claudia Souto Davila (Colexio Sagrado Corazón de Placeres)
  • 2º PREMIO: Noelia Vázquez Pabón (CEIP Seixo)
  • 3º PREMIO: Carlota Fuentes Tomás (Colexio Sagrado Corazón de Placeres)
  • 4º PREMIO: Hugo Candal Rey (Colexio Sagrado Corazón de Placeres)

 

 

 

roslev