Carriola.Informa Estrela de Marín.08.03.22
Cos obxectivos de fomentar as compras nos establecementos asociados e de premiar a fidelidade dos clientes, Estrela de Marín vén de sumarse á campaña “As túas compras, no comercio local, gratis”, que puxo en marcha a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (Fecimo) e que se extenderá ata o 30 de xuño.
Nesta ocasión, susitúense as clásicas papeletas, pola participación dixital, xa que os clientes deberán rexistrar os seus tickets de compra na páxina web www.comerciodomorrazo.com/sorteos, indicando tamén o IMPORTE e o establecemento onde fixo a compra.
Con este novo sistema, calquera compra superior a 10 euros, feita nun dos establecementos asociados ao “Comercio do Morrazo” poderá ser unha compra gratuita.
A federación, para garantir un maior número de tíckets premiados, estableceu un límite de bonificación cún máximo de 200 euros, polo que ainda que o valor da compra fose superior, as compras de máis de 200 euros recibirán unha tarxeta regalo con 200 euros. Deste xeito, sortearanse 1.600 euros cada mes en compras gratis.
Sorteos semanais
Levaranse a cabo sorteos semais entre todas as compras rexistradas correctamente e de onde sairán os/as afortunados/as que logo recollerán unha Tarxeta Regalo polo valor da compra rexistrada no tícket da súa compra no establecemento onde tivo lugar a compra.
Queremos lembrar aos clientes que é moi importante gardar os tíckets de compra rexistrados durante uns días xa que será preciso presentalos para validar posteriormente o premio no caso dos/as gañadores/as, tal e como queda recollido nas bases do sorteo. Con esta campaña Estrela de Marín e a Federación esperamos repartir máis de 300 compras gratis durante os proximos meses, axudando a dinamización da actividade do noso tecido comercial en Bueu, Cangas, Marín e Moaña.