Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG lamenta o penoso estado do Muíño dos Pereiros

Carriola.Lucía Santos Omil (*).24.03.22

Desde o BNG solicitamos, ante a preocupación da veciñanza, dar traslado á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do penoso estado no que se atopa o Muíño de Pereiros, no lugar de Coirados considerando que, o patrimonio arquitectónico é unha das maiores riquezas da humanidade polo gran valor etnográfico e cultural que representa, xa que é unha mostra da memoria, da vida tradicional e das relacións dun pobo e o seu desenrolo.

Marín posúe un rico patrimonio cun gran valor etnolóxico do que boa parte, a día de hoxe, está en estado de abandono como é o caso dos muíños do noso concello. Nas pasadas semanas a veciñanza da parroquia de San Xulián trasladounos a súa preocupación ante as condicións nas que se atopa o muíño dos Pereiros, no lugar de Coirados. É por isto que solicitamos ao goberno municipal dar traslado á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do penoso estado no que se atopa este muíño.

O muíño dos Pereiros atópase en estado ruinoso, xa que falta a estructura do tellado e pouco a pouco van desaparecendo pedras que formaban as paredes e a canle de auga, desfacendo así o pouco que queda del. Aínda que conserva pezas da maquinaria como o pé e a moa, o muíño de auga está rodeado de maleza que dificultan o seu acceso. Este muíño está situado entre unhas hortas a poucos metros do lavadoiro de Coirados, ao paso do río Lameira e á marxe dereita da estrada EP-0019, polo que está ao carón do núcleo urbano.

É importante preservar e conservar o noso patrimonio cultural, e concretamente de protexer e poñer en valor estas edificacións xa que forman parte da memoria do noso pobo, polo que deixalas abandonadas, facilitando o seu deterioro, é permitir a destrucción da nosa identidade.

(*) Portavoz Municipal do BNG no concello de Marín

 

 

roslev