Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Colexio Inmaculada realizará a campaña 3920 km de solidaridade

Carriola. Cpr Inmaculada. 30.03.22

O Colexio Inmaculada pretende a recadación de 3920 euros paea Ucrania a través dunha campaña que se realizará o próximo luns no Parque Eguren. Remiten con tal motivo unha notade prensa que di o seguinte:

"Xa pasou un mes desde que o exército ruso iniciou a invasión de Ucraína e, aínda que temos a esperanza de que a guerra cese, seguimos impactados ante as terribles imaxes de sufrimento que está a padecer o pobo ucraíno, entre eles moitos nenos e nenas. Porén, estamos vendo tamén mostras enormes de solidariedade e apoio por parte de moitas persoas conmovidas ante o que está a ocorrer. Nesta situación non podemos quedar impasibles ante tanto sufrimento. Por iso, desde o COLEXIO e en colaboración coa ANPA MARTÍN HERRERA, queremos sumarnos a esta “marea de axuda” organizando unha ACTIVIDADE SOLIDARIA á que chamamos “QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE”. A actividade consistirá en recorrer simbolicamente con MOEDAS os quilómetros que nos separan de UCRAÍNA favorecendo un “Corredor Humanitario” co que queremos mostrar a nosa solidariedade con este país que sofre as consecuencias dunha terrible guerra; un xesto que demostre que o noso corazón está co pobo ucraíno e con tantos inocentes que teñen dereito a medrar en paz. A actividade desenvolverase o VENRES 1 de ABRIL a partir das 10.00h NO PARQUE EGUREN (garantindo as medidas COVID de seguridade). Os alumnos e demais persoas que se acheguen irán completando coas súas moedas eses 3.920 kms que nos separan de Ucraína Neste momento a axuda económica é fundamental, xa que hai grandes dificultades para facer chegar de forma rápida todo o que se está a recoller (roupa, alimentos, medicinas...), ademais do custe económico que iso supón. Por outra banda, os refuxiados que logran saír do país necesitan axuda inmediata para sobrevivir e viaxar a lugares máis seguros. Compartir fainos mellores persoas a todos. Como docentes, pais e nais é, ademais, unha gran oportunidade para reflexionar cos nosos alumnos e fillos sobre a situación que viven outros nenos, sensibilizalos e ofrecerlles a posibilidade de aportar o seu gran de area nesta traxedia na que todos nós debemos estar unidos. GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN"

roslev