El ayuntamiento de Marín ha decidido recordar de forma especial al recientemente falecido Xaquín Soneira, conocido nombrándose Artista del Año con la edición de un catálogo de sus obras y dedicarle una exposición especial en el Museo Torres que que fue inaugurada ayer a las ocho de la tarde

Desde el pasado año la decisión municipal es reconocer el valor de los artistas locales a los que quiere dedicar cada año el honorífico título de “Artista del Año”. En esta ocasión se decidió recordar al pintor Xaquín Soneira, fallecido no hace mucho, que, indican desde el concello “Adicou a súa vida ao desenvolvemento da arte, predominantemente da pintura. Realizou numerosas mostras en Marín e grazas á súa sobriña Begoña Soneira, encargada dos textos do catálogo que se editará para a ocasión, poderemos coñecer máis sobre os estilos artísticos do seu tío”.

A alcaldesa, María Ramallo, acompañada doutros representantes municipais e do comisario da exposición, Antón Sobral, engrandeceu a obra deste artista, “que viviu na nosa vila e desenvolveu unha prolífica obra pictórica, que hoxe poñemos en valor”. Marín, 31 marzo 2022 Xaquín Soneira forma parte desde hoxe da lista de Artista Marinenses, un compendio de artistas relevantes da nosa vila aos que o Concello quere recoñecer a súa traxectoria artística. Esta tarde foi inaugurada a mostra de Soneira no Museo Torres a cargo da alcaldesa, María Ramallo, acompañada doutros representantes municipais e do comisario da exposición, Antón Sobral. A todas as persoas que se achegaron, regaláronselle ademais uns catálogos cunha representación da obra do artista e con textos da súa sobriña, Begoña Soneira. A pintura de Soneira, chea de cor Ramón Francisco Soneira, máis coñecido como Xaquín Soneira, naceu en Marín o 5 de febreiro de 1953. Fillo de Juan Soneira e Manuela Patiño, Xaquín criouse cos seus outros catro irmáns na súa casa da Rúa da Roda. Do seu pai, un mestre represaliado durante o franquismo, Xaquín e os seus irmáns herdaron calidades artísticas que máis adiante desenvolverían tanto el, coma dous dos seus irmáns. Xaquín axiña descubriu que a súa vida discorrería da man da creación, sendo a súa primeira exposición na alameda de Marín a mediados dos anos setenta. Non se pode entender a obra de Xaquín sen facer referencia ao seu lugar de nacemento, Marín. Marín viuno nacer e despediuno, e aquí descansa, no cemiterio da Raña, aos pés dos seus pais, xunto aos seus familiares. Xaquín tivo desde sempre claro que Marín era a áncora da súa nave de cores, dos seus personaxes, das súas formas abstractas e das súas musas. Habitaba as súas rúas, polas que paseaba a diario, e a súa figura era parte da paisaxe da vila. Desde os seus inicios, Xaquín tivo unha estreita relación co Ateneo Santa Cecilia, vínculo que herdou do seu pai Juan, que frecuentaba aquel lugar onde coincidía co seu amigo artista e tamén mestre Manuel Torres, ambos amantes da acuarela, entre outras técnicas artísticas. Xaquín foi un pintor autodidacta que peregrinou por distintas técnicas artísticas, entre as que caberían destacar os seus óleos de finais dos anos 80 e anos 90. Admirador de Miró ou Picasso, Xaquín abrazou ademais outros formatos como a acuarela, os acrílicos, a pintura pastel, a talla e a escultura en madeira. Utilizou diversos soportes como o lenzo, papel, cartolina ou táboa. O denominador común da súa obra é a forza das súas composicións, dominadas pola abstracción e a cor.