Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Concello comproba a execución da metade das obras da Travesía República Arxentina

Carriola. Concello. 01.04.22

Esta obra aliviará o tráfico do centro urbán marinsense, xa que descargará de vehículos en circulación parte da Rúa Estrada

A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, acudiron onte a facer unha visita de obra á nova rúa Travesía República Arxentina, coa que se reordenará toda a zona do Inferniño e mellorará a mobilidade no corazón marinense. Unha obra importante na viña xa que hai moitos anos que non se abre unha nova rúa no centro urbán. Segundo lles explicaron técnicos da obra á alcaldesa e ao edil, tense xa executado cerca do 50% do traballo, no que se investirán 241.612,40 euros (máis IVE), con cargo ao Plan Concellos. Esta nova rúa comunicará as rúas República Arxentina e Inferniño, un espazo que, na actualidade, presenta dúas situacións moi diferentes. Por unha banda, o extremo leste, que entronca coa rúa República Arxentina atópase completamente urbanizada e edificada. Este tramo de 44 metros de lonxitude atópase pavimentado e conta con beirarrúas en ambas marxes e todos os servizos urbanísticos (alumeado público, rede de saneamento e pluviais, abastecemento, enerxía eléctrica, telecomunicacións e subministro de gas). A rúa executada remata nun muro que separa o ámbito urbanizado do regato e das fincas sen urbanizar. O tramo de rúa de nova apertura está composto por tres parcelas en estado de semiabandono, con cascallos e peches metálicos provisionais. As dúas zonas están separadas por un regato, que no seu extremo norte está canalizado baixo o solo urbano e cara sur permanece a ceo aberto. Prevese que de cara ao verán as obras xa poidan estar finalizadas.

roslev