Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Isaac Díaz Pardo, Memoria do compromiso, título da conferencia que ofrecerá en Santa Cecilia Xosé Ramón Fandiño para recuperar os Venres do Ateneo

Carriola.Informa Ateneo Santea Cecilia.06.04.22

O Ateneo Santa Cecilia ten o pracer de anunciar que retoma as actividades dos Venres no Ateneo da man de Xosé Ramón Fandiño e a súa conferencia sobre a figura do intelectual e artista Isaac Díaz Pardo, baixo o título de "Isaac Díaz Pardo. Memoria do compromiso" A cita terá lugar este venres 8 de abril ás 20:00 horas no local do Ateneo (Rúa do Forno, 42, baixo).

Xosé Ramón Fandiño é un editor, licenciado en Filoloxía pola USC. Foi redactor e director da Gran Enciclopedia Gallega e Premio de Xornalismo V Centenario da Universidade de Santiago. Presidente da Fundación do Pedrón de Ouro e membro do Padroado do Museo do Pobo Galego.
Durante máis de 10 anos foi colaborador de Isaac Díaz Pardo no Instituto Galego de Información e sobre a súa figura ten participado en diversos foros e publicado numerosas monografías, entre as que cabe destacar a súa biografía, Isaac Díaz Pardo. A patria enteira na memoria (Editorial Ir Indo, 2008) e a edición e prólogo dos libros A luminosa mirada dos ollos de Isaac (2012); O ollar clarividente de Isaac Díaz Pardo (2018) e Isaac Díaz Pardo: Memoria do compromiso (2020). En 2018 comisariou a exposición Camiño Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo en Compostela. Con Galiza sempre no horizonte, promovida polo Ateneo de Santiago e a USC.

 

roslev