Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG presenta unha moción ao Pleno pedindo o apoio da Corporación ao pobo Saharaui

Carriola.Redacción.08.04.22

A polémica decisión persoal do presidente do goberno Pedro Sánchez con respecto ao pobo saharaui é considerada desde o Bloque Nacionalieta Galego  como unha traizón ao pobo saharauí, xa que prégase aos intereses de Marrocos e vai en contra de todos os acordos adoptados até o momento polas institucións internacionais.

Por eso, segundo indica nun comunicado a portavoz nacionalista no Pleno marinense, Lucía Santos, Diante da decisión do goberno español de asumir a postura de Marrocos de non respectar o dereito de autodeterminación do pobo saharauí, o BNG mostra o total rexeitamento á mesma. Esta supón a asunción da posición e discurso da ditadura marroquí sobre o Sahara Occidental, aceptando o seu plan de autonomía, e que na práctica significa a anexión por Marrocos do territorio saharauí.

Traizón ao pobo Saharaui

Considera a postura do goberno español como unha traizón ao pobo saharauí, xa que prégase aos intereses de Marrocos e vai en contra de todos os acordos adoptados até o momento polas institucións internacionais, que unanimemente se teñen pronunciado a favor do dereito do pobo saharauí a exercer o seu dereito de autodeterminación, por medio dun referendo entre a súa poboación.”

Lexitimar as actitudes de  Marrocos

Lucía Santos no texto da moción que preseta para ser tratada na próxima sesión plenaria, entende que A postura do goberno español supón lexitimar a ocupación por parte de Marrocos, a represión, a violación dos dereitos humanos e o roubo das riquezas existentes en territorio saharauí. Ademais demostra que a política exterior do goberno español se alínea claramente cos posicionamentos dos EUA e Israel, dous estados coñecidos pola súa política imperialista de agresión a outros pobos, e apoio a réximes antidemocráticos, como é o caso da monarquía marroquí.

Aumento da tensión latente

Esta decisión - engade Santos Omil -aumenta a situación de tensión nunha rexión na que a provocación de Marrocos en novembro de 2020, levou ao reinicio do enfrontamento bélico entre os exércitos saharauí e marroquí e por todo isto o BNG  traslada unha moción ao vindeiro pleno municipal para solicitar á corporación municipal o  apoio ao pobo saharauí contra a ocupación militar e esixir do Goberno español a rectificación  da decisión de  asunción da posición e discurso da ditadura marroquí sobre o Sahara Occidental, e polo tanto defender o dereito do pobo saharauí a exercer o seu dereito de autodeterminación por medio dun referendo, tal como recoñecen todos os acordos adoptados até o momento polas institucións internacionais, a empezar pola ONU, que unanimemente se teñen pronunciado neste sentido.

 

 

roslev