Carriola.Informa Ateneo S.Cecilia.09.04.22
O Ateneo Santa Cecilia convoca un ano máis a que será Octava edición do “Concurso de Relato Curto “Marín Conta” co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2022e aberto á participación de escolares dos centros de ensino de Marín e atendendo á súa proximidade xeográfica tamén a Placeres.
As bases que os potenciais participantes deberán ter en conta son:
- Poderán participar todos/as os/as alumnos/as que o desexen, cun único texto de creación literaria en lingua galega cunha extensión máxima de 500 palabras. Os traballos deberán presentarse por triplicado, mecanografados e escritos empregando o tipo de letra ‘Times New Roman’ tamaño 12, a dobre espazo. No caso de escolares de Primaria, acéptanse traballos manuscritos.
No caso de tratarse da categoría de “Educación Especial” a extensión será entre 30 e 50 palabras.
- A temática e xénero narrativo serán libres, establecéndose como única condición que o relato aconteza en Marín. Os textos presentados deberán ser inéditos baixo calquera formato, non premiados en ningún outro certame anterior, nin estar pendentes de resolución doutro concurso.
- Os relatos presentaranse baixo “lema”, acompañados dunha “plica” en sobre pechado. Na mesma figurarán os datos persoais do autor ou autora: nome, idade, curso, teléfono, enderezo electrónico, centro de ensino e título do relato. No caso de menores de 14 anos, a plica deberá ser asinada por un dos pais ou titores, facendo constar que autorizan a participación do seu fillo ou filla neste concurso. No caso de resultar premiado/a, o Ateneo Santa Cecilia difundirá a autoría do texto nos medios de comunicación e redes sociais, así como a imaxe do seu autor/a.
Rúa do Forno nº42 - Baixo – 36900 Marín (Pontevedra) Tlfn.: 698 171 276 / 986 880 283 ateneosmarin@hotmail.com
- Os traballos deberán presentarse na sede do Ateneo Santa Cecilia de Marín (Rúa do Forno nº42, baixo - 36900 · Marín · Pontevedra). Poderán entregarse en persoa ou remitirse por correo electrónico (ateneosantacecilia@gmail.com).
O prazo de recepción de obras remata ás 20:00 horas do xoves 5 de maio de 2022.
- O Xurado estará formado por tres persoas, cuxo fallo será inapelable, e poderá declarar
desertos os premios dunha ou máis categorías. O mércores 11 de maio daranse a coñecer os traballos finalistas en cada unha das tres categorías do concurso (Primaria, ESO, Bacharelato/FP e Educación Especial). O fallo e entrega de premios terá lugar o venres 13 de maio ás 20:00 horas no local do Ateneo Santa Cecilia (R/ Forno, 42 – Baixo).
- Establécense catro premios por cada categoría (Primaria, ESO, Bacharelato/FP e Educación
Especial). Todos/as os/as finalistas recibirán asemade, un diploma acreditativo da súa
participación.
- Os textos premiados quedarán en poder do Ateneo Santa Cecilia de Marín que se reserva o dereito da súa publicación se así o estima oportuno.
- O Ateneo Santa Cecilia non devolverá os orixinais presentados a concurso.
- Os/As autores/as, polo feito de participar neste certame, aceptan as presentes bases e o fallo do xurado. Para todas aquelas cuestións non previstas nos apartados anteriores, aplicarase o criterio inapelable do Xurado. Se o Xurado así o considerase algún dospremios podería quedar deserto.
O incumprimento de calquera dos puntos das Bases descualificará de inmediato o traballo
presentado