Carriola.Redacción.10.04.22
Para Manuel Pazos, voceiro do PSOE en Marín: “En Marín debemos abordar un proxecto de futuro e imprescindible que busque mellorar a conexión do noso casco urbano coas praias máis próximas. O estrangulamento que se produce á altura da Escola Naval dificulta esa unión e debemos comezar a falar desa problemática, para o cal o primeiro paso é estudar as distintas posiblidades que existen e os seus costes”.
Os socialistas de Marín presentan ao Pleno unha moción para que se inicie un estudio sobre a posibilidade de consequir una mellor e máis cómoda conexión do casco urbano de Marín coa praias, perseguindo estes tres obxectivos:
- Desenvolver un estudo técnico que permita coñecer, avaliar e definir as posibilidades dunha ampliación do paseo marítimo hacia as praias nos viais de Tiro Naval Janer e na Rúa do Forte. Especialmente no tramo anexo á Escola Naval Militar,
- Iniciar conversas e negociacións co Ministerio de Defensa de cara a unha nova definición dos espazos ocupados pola ENM que permita dar un ancho mínimo ao paseo ata as praias ao seu paso ao carón das instalacións militares segundo os resultados do estudo técnico.
- Abordar coa Xunta de Galicia as melloras necesarias na PO551 para acomodalo ás especificacións do citado estudo.
Unha histórica transformación
Manuel Pazos, considerando que a zona das praias é un dos maiores e mellores atractivos tanto para os veciños como para os visitantes, fai referencia á transformación sufrida polo litoral urbano en pouco máis de cen anos: “O desenvolvemento progresivo do Porto e a Escola Naval Militar dende comezos do seculo XX provocou a radical transformación da nosa fronte marítima e que tivo a súa máxima expresión na perda definitiva das praias urbanas de Fornalla, O Tombo ou Cantodarea.A partires dese momento a única alternativa foi acudir ás praias de Portocelo, Mogor e Aguete, e para elo foi necesario a apertura do actualmente coñecido como vial de praias e foi así que os esforzos centráronse entón en conseguir a doazón de terreos por parte das familias Cividanes e Alcántara que permitieron a apertura dun vial de acceso a Portocelo, que posteriomente chegou a Mogor ata finalizar en Aguete”.
Un tramo pendente de ampliar
Tras referirse ás melloras que se foron incrementando no vial, no seu firme, nos aparcamentos, no carril bici, etc. Pazos Lamosoindica que “Sen embargo ao longo de todo este proceso sempre quedou un tramo sen abordar que é o estrangulamento existente no paseo que une Marín coas praias ao seu paso pola Escola Naval, principalmente entre a piscina e o antigo hospital.É evidente que o estreitamento existente tanto no vial como no paseo dificulta enormemente o paso a ciclistas e peóns ata facelo insufrible especialmente na época de verán. Cunha anchura inferior aos dous metros en boa parte do tramo non é posible cruzarse con ninguén sen provocar molestias evidentes para ambos”.
Mellorar a continuidade do acceso
“Compre comenzar a sentar as bases dunha mellor definición e encaixe de Marín tanto co Porto coma coa ENM, e para eso é fundamental darlle unha continuidade digna ao paseo marítimo que nos une coas nosas praias - engade o portavoz socialista que considera primodial “Estar mellor conectados con elas e facelas máis accesibles e próximas durante todo o a ano, tendo en conta que, o espazo necesario para poder abordar dita ampliación non parece que poida afectar a unha grande superficie nin tampouco a instalacións ou edificacións da ENM, pero sí proporcionaría unha mellora evidente na conectividade peonil e ciclista de Marín coas súas praias máis próximas”.