Carriola.Redacción.15.04.22
Un nutrido grupo de simpatizantes de la República acudieron ayer a la llamada de la Asociación para la Memoria Histórica que preside Queta “Molas” Otero Farto para conmemorar el 91 aniversario de la proclamación de la II República, acto que tuvo lugar en los jardines aledaños al Concello donde se ubica la “Pedra da Liberdade” recuperada del puente del mismo nombre en tal fecha como la de ayer.
Se inició el acto con la interpretación del himno por un grupo de músicos que forman la “banda de la República” tras lo cual Enriqueta Otero, presidenta de Memoria Histórica recordó el pasaje histórico de la reacción de los marinenses el 14 de abril del año 1931 en que, manifestó “Organizouse unha gran manifestación para proclamar a República en Marín e, reunidos na Rúa Vicenti (actual Rúa do Sol) coa bandeira republicana escoltada polas das sociedades obreiras, unha inxente multitude dirixiuse á Ponta da Liberdade onde estaba instalada esta pedra, testemuña de momentos históricos da nosa vila, ao son da Marsellesa interpretada pola banda de música municipal e coreada polo público, percorrendo as principais rúas marinenses chegando a Cantodarea e Estribela”.

Grupo A Revolta
Queta Molas explicó que a la cabeza de aquella marcha iban los presidentes del Centro Republicano local y Sociedades Obreras llegando hasta el palacio municipal. “E aquí, en presencia do alcalde, foi izada a bandeira republicana entre os entusiastas aplausos da multitude á que o señor Agustín Rey dirixiu a palabra para expresar o que significaba a proclamación da Repúbluica no que respecta a orde, xustiza e liberdade, sendo moi aplaudido mentras que o presidente do Centro Republicano, Gonzalo Martín March pediulles non arriar a bandeira republicana sen antes defendela apaixoadamente”.

Intervención de Ana Acuña
La presidenta de Memoria Histórica terminó su intervención recordando a los hombres y mujeres de aquella época “que xunto a Agustín Rey, Gonzalo Martín, Joaquín Muíños Touza e Antonio Blanco Solla, defenderon a República”, y terminó con el gruito de Viva a República emulando al que dio Martín Gonzalo en su toma de posesión un día después.

Componentes de la Banda da República
Discurso de Ana Acuña Trabazo
El acto contó con Ana Acuña Trabazo, investigadora y docrora en Filoloxía Galega, profesora de la Universidad de Vigo quien pronunció en discurso que reproducimos íntegramente en Carriola:
91 anos da República. As imaxes que nos representan
Moi bos días a todos e a todas. Agradezo aos compañeiros e compañeiras da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín a súa confianza para que tome a palabra e a represente porquepor enriba dos nosos nomes, dos nosos traballos, das nosas mellores ou cativas executorias, hai un vencello que as xungue, o ser e a sorte, a imaxe e o destino da nosa Terra.
Acabo de facer miñas algunhas verbas de Valentín Paz Andrade na entrega das primeiras medallas Castelao de 1985, un ano despois de volver o corpo do rianxeiro a Galicia.
Falo, eu que me teño descrito a min mesma como “sen nome”, dende a miña condición de muller e a pesar da desmemoria sobre o meu propio pasado familiar nos anos do medo en Pontevedra e Marín, desmemoria á que me enfrontou Celso Milleiro e na me orientou Pepe Álvarez Castro.

Ofrenda floral
Acompáñame ultimamente unha frase da profesora e directora de cine Margarita Ledo. Unha frase pronunciada durante a lectura do seu discurso de ingreso na RAG en 2009, titulado Do bucle e da fenda. Para un ensaio crítico sobre a cultura galega. A frase, realmente dúas preguntas, volven a min dende hai uns meses a propósito da desposesión da terra e da identidade. Permítanme que as comparta con vostedes:
E se non tivésemos imaxes que nos representen e expresen? Poderemos ir, outra volta, do declive e a destrución, da perda de «partillarmos o ollar» á súa construción?
Esas preguntas nun contexto de cinema documental, de cinema que contén modos do pensamento e da cultura contemporánea (filmes memoria, retratos, recuperacións, intervención nas imaxes doutros, produción e axitación como é o de Margarita Ledo), tamén me parecen acaídas para outros tipos de representación como pode ser aquela obtida grazas ao voto feminino. E se as mulleres non tivésemos dereito ao voto? E se non tivésemos persoas que nos representen? O voto é un dereito de noso que conseguimos na constitución da II República de 1931 (aínda que votásemos por primeira vez dous anos despois, nas eleccións xerais do 19/11/1933). Velaí as imaxes de Clara Campoamor e Victoria Kent a favor e en contra do sufraxio feminino activo.
A partir de xullo do 36 -anos de silencio, de “declive e destrución, da perda de «partillarmos o ollar»”-, ás mulleres só lles foi permitida a arte da resistencia das dominadas (James Scott).
Velaí as imaxes das mulleres cos nenos no colo durante as mobilizacións contra os efectos da construción da AP9, inmortalizadas por Anna Turbau.
Velaí as imaxes das mulleres das Encrobas, empuñando tamén os seus paraugas para impedir a ocupación das súas terras.
Velaí as imaxes as gandeiras, gravadas por Llorenç Soler, manifestando que o monte é noso.
Son imaxes de mulleres da nosa terra, protagonistas do que Daniel Lanero denominou o “ciclo de protesta” que atravesou a sociedade galega nos anos 70, ciclo que xira arredor do cambio do modo de uso dos recursos naturais (de campesiño a industrial) e do malestar (pola forma de aplicar a lei e a pouca compensación económica). Esa transformación obrigou ao abandono dunha agricultura ecolóxica e respectuosa cos recursos naturais como foi a galega.
Aínda que as mulleres non fomos vistas como suxeitos sociais activos, implicados nos procesos de modernización e cambio, o re-coñecemento dos nosos feitos é unha necesidade para darnos visibilidade como suxeitos históricos (Ana Cabana). Por esa razón acabo de evocar as imaxes das súas accións colectivas en diferentes épocas, maiormente na década dos 70 (década do meu nacemento e cuxas accións non coñecín ata moito despois). Evoco as imaxes das mulleres para reiterar o seu papel como protagonistas en demandas sociais e como conquistadoras do espazo público.
Nun réxime tan longo e pétreo como o instaurado tralo 36 non sempre era posible o enfrontamento directo na loita polos dereitos e as mulleres xogaron co estereotipo do berro (que suxería a idea de estar fóra de control e de irracionalidade) e coas ferramentas de traballo como símbolos culturais (citei antes os paraugas pero podería citar os podóns, as gadañas...) para vencer.
Con todo, nun mundo en guerra, daquela coma hoxe, as mulleres sufriron e sofren represión sexuada (rapado, violacións, abusos sexuais) e son usadas como botín. Unhas xa non poderán contalo (velaí a tortura padecida pola Capirota) pero outras si.
Velaí o retrato trala rapa de Elsa Omil, dunha das irmás Villaverde e de tantas outras na retagarda franquista.
Velaí tamén as escenas do filme de Isabel Coixet, A vida secreta das palabras, para recordarnos o padecido polas mulleres na ex Iugoslavia ou en calquera outro lugar en guerra como o que todos e todas temos en mente estes días.
Temos memoria e imaxes para compartir e berrar a dor das vítimas, para representar o laio da terra e dos animais non humanos ante o ecocidio. Temos o dereito e o deber de coñecer a nosa historia, a daquelas mulleres e homes que o devir condena á invisibilidade e ao silencio. Non esquezamos, pois, o que, con tanto esforzo, conseguiron por e para nós na II República (e mantiveron nos anos escuros pero de resistencia). Moitas grazas.
Intervención del grupo “A Revolta”
Especial incidencia tuvo la intervención del grupo musical “A Revolta” colaborador habitual en este tipo de manifestaciones con la Asociación de la Memoria Histórica, con su interpretación de varias composiciones de su autoría con contenidos relacionados con el motivo del acto.
Finalmente se procedió a la colocación de una ofrenda floral ante la “Pedra da Liberdade” con la intervención de una nieta del alcalde Blanco Solla fusilado el 31 de diciembre del 1936, momento que contuvo una gran emotividad.
El acto finalizó con la interpretación del Himno Galego a cargo de la Banda de la República que fue catado por la mayoría de los asistentes.