Carriola.Redacción.21.04.22
Eduardo Víctor Castro López foi un mestre arousán que, durante moitos anos, desempeñou o seu labor como docente no colexio do Sequelo e no propio Instituto Illa de Tambo no que desembocan os alumnos procedentes de dito centro. Deixou unha pegada importante e o Ateneo organiza unha homenaxe póstuma para presentar o último dos seus libros que quedou sen publicar en vida do devandito poeta
“Versos Septuaxenarios” é a obra póstuma de EV.Calo , Eduardo Víctor Castro López, que será presentada o próximo venres día 22 no paraninfo do Instituto Illa de Tambo en acto que organiza o Ateneo Santa Cecilia convidando ademáis nun comunicado remitido a Carriola, “A todalas persoas que o desexen a participar e asistir a presentación do poemario "VERSOS SEPTUAXENARIOS", latexos dun arousan IV, de Eduardo Víctor Castro Lopez (EV. CALO).

Unha vida docente e cultural dedicada a Marín
Recordan na convocatoria do acto desde Santa Cecilia, “O Autor viveu e traballou en Marín gran parte da súa vida, onde deixou unha boa cantidade de alumnos, amigos e compañeiros na docencia, na cultura, no deporte e en tódalas facetas nas que participou e sempre se implicou como un marinense mais con unha enorme dedicación”.
Engaden ademáis que “Como autor literario deixanos unha extensa obra poética en diversos libros publicados e que culminan neste poemario que publicado no 2020 debido a pandemia sufreu varios adiamentos para a súa presentación en Marín”.
Intervintes no acto
O Acto contará coa intervención do presidente do Ateneo Lois González, a súa compañeira en diversas actividades culturais Queta Molas, o amigo e Rapsoda Carlos Puga e a escritora e académica Fina Casalderrey tamén compañeira no IES ILLA DE TAMBO. E dará comenzo ás oito da tarde no salón de actos do devandito centro con entrada libre.