Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Marín vivirá hoxe, un ano máis, a tradicional festa dos Maios organizada polo Ateneo Santa Cecilia con apoio do Concello

Carriola.Redacción.01.05.22

Dez grupos, cinco maios e outros cinco barcos daranse cita hoxe na Alameda Rosalía de Castro pola mañán e na Praza do Reloxo, pola tarde, para revivir ancestral festa dos Maios da que Marín é un dos principais referentes en Galicia.

Non serán moitos pero serán bos os maios e barcos que hoxe salgan á rúa para cumplir a tradición de cantar, cada quen ao súa xeito, neste comenzo da primaveira como manda a tradición.

Durante a mañá irán achegándose á alameda Rosalía de Castro os grupos de nenos e nenas que amosarán os seus respectivos maios e barcos á xente que por alì ande e tamén cantarán as súas cancións invitando a quen os escoite a que lles compre unha “copla”, que é outra das tradicións desta festa. Será o momento de obssrvar os traballos realizados coas frores, o fiuncho, a espadaña e outros materiais axeitados para adornar os maios e, o xurado que forme o Ateneo Santa Cecilia, valorará cada un dos aspectos sinalados para dar os premios: Construcción do maio, Coroa e letra da canción; Construcción de barco e letra. O apartado da interpretación será valorado pola tarde no concurso que terá lugar na Praza do Reloxo que é o lugar tradicional desta festa.

Premios para todos

De saída e polo feito do traballo realizado e a presentación na festa, os maios teñen unha subvención de cen euros e os barcos de 60. A razón da diferencia está, segundo o criterio seguido este ano polo Ateneo, en que os maios hay que facelos todos os anos e os barcos, salvo algúns retoques que se lles fan, repiten cada ano.

No que respecta aos premios do concurso, fíxanse tres premios por categoría de construcción, coroa, interpretación e letra, de 120, oitenta e 50 euros respectivamente no caso dos maios e, construcción, letra e interpretación, coas mesmas cuantías no caso dos barcos. Non faltarán os roscóns e os chocolates para todos os participantes no concurso.

Os grupos inscritos teñen que facer presencia na Alameda pola mañán e actuar no concurso pola tarde. Faltar a algunha desas presencias será motivo de descalificación do maio ou o barco en cuestión.

Benvido sexas Maio e o desexo de que os rapaces participantes disfruten de tan ancestral festa no so galega senón de carácter mundial.

roslev