Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Cantodarea, ningún tempo pasado foi mellor

Carriola. Santiago Losada Carragal (*). 03.05.22

No “Apolo”, bar de Cantodarea, máis dunha vez xurdían tertulias informáis- nada que ver no círculo de Blomsbury de Virginia Wolff - que derivaban en falar da nosa nenez, das escolas, os seus mestres, de pais e nais, de amigos e amigas, de cancións e versos que aínda hoxe no se esqunceron. Como aquela letriña que nunha ocasión nos caotou Xosé Outeiral:

Estreliña do luceiro

Esteliñada claridade

Vaise o día, vaise a noite

Vaise a nosa mocidade

O beatle Jhon Lennon dicía: “A túa idade conta por amigos, non por anos”.

En Madrid recibín do amigo Manolo Rivas “O Quirós” - mariñeiro e fotógrafo -o retrato onde aparecemos os que aprendemos a ler e escribnir no colexio de San Xosé do Cantodarea, coas monxas Sor Tomasa, Sor Carmen e Sor Caridade que levaron a cabo unha gran laboura de formación e educación cunha organización pedagóxica acertada e cuns medios educativos moi limitados.

Nunha conversa con Teri Landín, recordamos o gran interese que puxo o seu avó Román Landín e demáis veciños para quem nas Pedreiras, non desaparecese a escola que había a comenzo do século pasado.

Non podemos esquecernos da escola de Don Xosé García na que asistían rapaces de Cantodarea e Estribela.

John Lenon dicía: "a edade é por amigos, non por anos"

 

Rematado o ensino primario completo, o destino era os PP. Paúles ou as Monxas de Marín. Outros acudían a escola de Don Emilio - que hoxse equivaldría a Formación Profesional Marítimo Pesqueira - entre os que recordo a Manolo “Maúa”, Luis “O Vieiro”... a  lista sería interminabel de patróns,mariñeiros, fogoneros, maquinistas, redeiros e contramestres que acabaron navegando polos sete mares. Todos eles fixeron universal aquela canción do irrepetibel meste Landín:

Fun polo mar a Marín

e de Marín a Estribela

xa teño muller e bareco

non che hai terra coma ela

Aquel entorno socio-cultural podería ter defectos de forma pero non de fondo xa que nos educaban

* No valor da igualdade: fillos de mariñeiros compartiamos pupitre con fillos de armadores.

* No valor da diversidade: rapaces e rapazas sen descriminación nin machismo, nin feminismo tan en boga nestes tempos.

*No valor da responsabilidade: facer os deberes para prepararse no compromiso dun futuro laboral.

MODERNIDADE LÍQUIDA

Seguindo a expresión do filósofo polaco Aygmunt Bauman, nesta sociedade enferma que vivimos hoxe, a educación móvese nuna “modernidade líquida”, na que predomina o individualismo que nos leva á ruptura das relacións veciñais.

A fobia ó compromiso: todo leva data de caducidade. Os proxectos de vida nos que o esforzo da mal chamada “xeración de cristal” está ausente.

Pese a todo, non comparto como solución de futuro o pesimismo do gran director de cine Pier Paolo Pasolini, vilmente asasinado: “xa non hai seres humanos”

Só a educación será a única forma de mellorar e salvar a sociedade de calquer país.

Galicia incluida.

(*) Meste de Filosofía, Latín e Grego

roslev