Carriola. Redacción. 03.05.22
Desde a concellalía de Cultura anúnciase para o próximo venres a actuación da compañía de teatro “Petanaporta”, coa participación de Mercedes Pardavila e Paco Pernas, no paraninfo do Instituto Illa de Tambo nunha representación que se ha de iniciar ás oito da tarde.
A obra, segundo indica a concelleira Beatríz Rodríguez, fai unha reflesión acerca da liberdade, o medo e o instituto de protección; un retrato da cegueira, de ineptitude e dos prexuizos sociais dos adultos.
Trátase dunha pesa inspirada en feitos reais, dedicada a todas as nenas e nenos que sufriron agresións e insultos sen que ningún adulto ao seu redor fixera nada por evitalo”