Carriola.Plataforma.31.05.22
A Plataforma “EÓLICOS NO MORRAZO NON” adhírese á convocatoria de manifestación da CoordinadoraGalega “EOLICOS, ASÍ NON” en Santiago de Compostela no “Día Mundial do Medioambiente”, o domingo día 5 de xuño, con saída da Alameda ás 12 horas da mañá.
Do Morrazo sairán dous autobuses. Un da estación de buses de Cangas, que parará na Xunqueira de Moaña, Parque de Domaio, Viaduto de Riomaior e fronte ao concello de Vilaboa. O outro sairá de Bueu, fronte ao supermercado Gadis, e pasará por Seixo e Marín. O desprazamento será gratuíto e para reservar praza as veciñas e veciños poden chamar aos seguintes números de telefono:
Cangas: 676 47 9447 Marín: 676 01.1319 - Bueu: 616 78 42 73-Moaña e Vilaboa: 662 09 49 51

Chamamento á cidadanía
"Facemos un camamento á cidadanía para manifestarse:
-
Contra a pretensión das empresas ACS e Aratel de instalar macroxeradores no triángulode desenvolvemento eólico, de 4.362 hectáreas de superficie, comprendido entre A Esculca de Salcedo, Capela de San Cosme na Portela e na ladeira de San Adrián de Cobres en Vilaboa do monte Xaxán porque só responde aos intereses puramente económicos destas empresas e ao espolio enerxético do noso
2. Por unha nova planificación eólica alternativa e sustentábel.
-
Polo respecto á decisión maioritaria das persoas propietarias comunais ou
-
Pola moratoria dos proxectos en trámite.
-
Para que se respecte a participación pública que permita abaratar o recibo da luz de cada
-
Pola soberanía enerxética, o fomento do autoconsumo e a produción a pequena escala e a xestión pública.
7. Pola defensa do noso patrimonio natural e arqueolóxico.
-
Pola preservación da saúde pública.
-
Por unha transición ecolóxica ordenada, xusta e ao servizo das galegas e dos
-
Pola preservación dos caladoiros de pesca e os corredores ecolóxicos mariños.
-
Por unha normativa legal xusta e para a sociedade, non para o lobi eólico coa retirada dasleis da depredación.
Inzáronnos o noso territorio de eucaliptos, logo contaminaron a ría de Pontevedra coa pasteira de ENCE, despois asolagaron vales e vivendas de Galicia para as centrais hidroeléctricas e, agora, queren volver apoderarse do noso territorio para o beneficio das grandes empresas eléctricas sen importarlle o noso patrimonio, ecosistemas, saúde, economía etc.
Acudamos o domingo 5 a Santiago de Compostela."