Carriola.Informa Ateneo Sta.Cecilia.02.06.22
A sala de exposicións do Ateneo Santa Cecilia ten recibirá a próxima semana a obra da artista marinense Mónica Pintos, baixo o título de ”Resurgere” que se poderá visitar entre o 7 e o 18 de xuño estando previsto o acto da inauguración para o día 8 ás 20 horas
Mónica Pintos (1997) é un artista graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo que actualmente esta a realizar un Mestrado en arte, literatura e cultura contemporánea ná UOC (Barcelona).
A súa obra céntrase no estudo do vanitas ligado ao panorama actual. Sen deixar a un lado a influenza literaria da súa obra pictórica, mostra o mundo interno da artista tratando temas de desamor, morte, enfermidade ou o concepto da feminidade.
Comisariou e expuxo no Museo Manuel Torres de Marín, así como no Concello de Badajoz, sendo a súa obra "La necesidad de huír" finalista do XXI Premio Timoteo Pérez Rubio (2021).
O seu proxecto artístico caracterízase pola gran influencia literaria e barroca, así como dun tratamento da pintura mediante veladuras para dotar a obra de profundidade e darlle importancia ao vacío tanto compositivo como simbólico.