Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

El PSOE considera negativo para los intereses de Marín el proyecto del futuro parking subterráneo en el Parque Eguren

Carriola.Manuel Pazos Lamoso (*).05.06.22

Co que coñecemos do actual proxecto de aparcamento soterrado no Eguren só podemos calificalo de negativo para Marín. Técnicamente é un proxecto moi mellorable e económicamente é moi perxudicial para os nosos intereses porque, o PP pretende facer unha concesión a unha empresa privada que construirá o parquing cun coste de 4,1 millóns de euros e a cambio o explotará durante 40 anos. Sen embargo o Concello lle terá que pagar a esa empresa 2,8 millóns de euros mediante un canon anual.  Acabaremos abonando o 70% da obra, para eso é preferible asumilo íntegramente e que as ganancias queden nas arcas municipais ou ter prezos máis asumibles ”.

Dende o PSOE de Marín levamos meses pedindo unha reunión de traballo co equipo de goberno e os técnicos que elaboraron o estudio de viabilidade e de construcción do aparcamento soterrado no Eguren, un proxecto que en opinión dos concelleiros socialistas de Marín é enormemente negativo para os intereses de Marín, motivo polo cal solicitamos en varias ocasións unha reunión de traballo.

Se nos fixamos tan só na operación económica que hai detrás deste parking e as suas cifras, xa se entende o negativo que é para os intereses de Marin. A pretensión é sacalo a construcción do parquing a unha concesión durante 40 anos para a empresa que o constrúa. Ata ahí algo habitual, ainda que o proxecto nin tan sequera baralla outras opcións.

O problema ven coas cifras: construir o parquing custa 4,1 millóns de euros pero o Concello acabará pagando o 70% dese importe mediante un canon anual que suporá nada menos que 2,8 millóns de euros, a razón de 73.500€ cada ano durante 40 anos.

Non podemos comprender unha operación económica tan mala para Marín. Se xa imos a pagar dende o Concello o 70% do coste da obra, o mellor é que costruamos e xestionemos nós directamente o parquing e poidamos quedarnos cos beneficios que suporá explotalo para as arcas municipales ou ben para asumir unha política de precios baixos para os seus usuarios.

De feito xa o propio estudio económico elaborado deixa o tema ben claro cando indica que para se empregan cálculos de ocupación “conservadores” ou tamén cando indica que “se plantexa un escenario conservador que asegure a rentabilidade do aparcamento”.  

(*) Portavoz do PSOE na Corporación MUnicipal

 

 

roslev