Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Hoxe inaugúrase no Ateneo RESURGERE, exposición da pintora marinense Mónica Pintos

Carriola.Redacción.07.06.22

A pintora marinense Mónica Pintos inaugura hoxe no Ateneo Santa cecilia de Marín a súa exposición que co título “Resurgere” estará aberta ata o próximo día 18. O acto de inauguración será ás oito da tarde

Segundo informa o Ateneo Santa Cecilia, a pintora marinense expón desde hoxe no local da propia sede da entidade a anunicada exposición da súa obra. Mónica Pintos (1997) - informan desde Santa Cecilia - é un artista graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo que actualmente esta a realizar un Mestrado en arte, literatura e cultura contemporánea ná UOC (Barcelona). 

Engaden que “A súa obra céntrase no estudo do vanitas ligado ao panorama actual. Sen deixar a un lado a influenza literaria da súa obra pictórica, mostra o mundo interno da artista tratando temas de desamor, morte, enfermidade ou o concepto da feminidade. 

A pintora xa ten amosado os seus cadros en Marín pois comisariou e expuxo no Museo Manuel Torres, así como no Concello de Badajoz, sendo a súa obra "La necesidad de huír" finalista do XXI Premio Timoteo Pérez Rubio (2021). 

O seu proxecto artístico caracterízase pola gran influencia literaria e barroca, así como dun tratamento da pintura mediante veladuras para dotar a obra de profundidade e darlle importancia ao vacío tanto compositivo como simbólico. 

 

 

roslev