Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Biblioteca Pública acolle hoxe a presentación do libro Memorias de Sal e Terra, de Celso Milleiro e Manuel Moreira

Carriola.Redacción.10.06.22

A “Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica” de Marín que preside Queta Molas organiza para esta tarde na Biblioteca Pública Vidal Pazos un acto de presentación dun traballo de investigación sobre “Memoria de Sal e Terra, crónica da II República Española no concello de Marín 1931-1936” traballo dos autores Celso Xavier Milleiro Sánchez e Xosé Manuel Moreira Docampo.

O acto dará comenzo ás oito da tarde e contará coa presencia de Queta Molas e Tino Iglesias, presidenta e secretario respectivamente da asociación convocante. A entrada ao salón de actos da Biblioteca será totalmente libre ata cubrir o aforo e no transcurso do acto actuará o grupo musical “A Revolta” habitual nos actos que ao longo do ano organiza esta asociación tales como a conmemoración do Día da República e as homenaxes ao Alcalde Blanco Solla e a Carmen Pesqueira “A Capirota”, no Pozo da Revolta.

 

roslev