Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Tribuna do lector: Deberían cambiar o nome á rúa da República Arxentina polo de Rúa Esquencida

Carriola.Xan D.N..15.06.22

Bos días, eu queria vir propoñer cambiar o nome da rúa República Arxentina por Rua Esquencida porque temos unha das rúas máis olvidadas de Marín, as aceras non hai por onde collelas porque por aqui fíxose zona de cagadeiro de cans pero o servicio de limpeza de Marín non sabe onde queda esta rúa e iso que por ela pasan centos de nenos todolos días pisando merdas.

Os pasos de peatóns están de adorno, tanto, que nin os municipais cando pasan os ven e paran a quitar os coches aparcados neles; de vergoña que as supostas autoridades miren para outro lado empezando polo paso de peatons do Knobe sempre con coches enriba e falta o día que os municipais quiten un deles- Logo esta o de frente a Renault donde os contenedores, que non se ve nada ben para cruzar os nenos por entre eles, pero para sumarlle máis ten un cebreado pintado para que non aparquen e dar proteccion e se vea mellor donde todolos dias hay coches aparcados as 24 horas, que eu mesmo miro desde a ventana todolos días e vese como pasan os municipais sin parar... será porque  deben  levar prisa.

Zona alta da rúa República Arxentina

 

Seguimos subindo pisando merdas e chegamos o cruce que sale da Cañota onde se estreita a acera por un garaxe onde está a concentracion de merdas, chegando xa despois ao siguiente paso de peóns que sempre esta cheo de coches e furgóns aparcados, pero ollo que, se chove e teño que subir o neno en coche ao colexio, ahí si que ven a Municipal a botarme fora por dous segundos nesa calle privada que  non sei para quen debe de ser, se  para o señor da chatarreria da porta do colexio para non molestalo, que eles si que poden aparcar na porta, pero ti colles o coche, vas dar a volta a canteira e adiós, que non pasan dous coches e quedas atorado, e cando baixa o neno e queres ver que entra ben no colexio , volven botarte fora- Logo vas  buscalo e ti non podes pasar pero, os coches da chatarreria e o furgón do comercio, pode quedar ali metido.

En definitiva, que por un lado non pode andar o neno seguro en toda a ría e, por outro, se o levo en coche, para nós si que son todo problemas pero se os demais están o dia mal aparcados non pasa nada ¿onde están os señores municipais? ¿É este o Marín que temos? ¿Un Marín que aplica as normas cando lle cadra sin lei?.

 Xa medo da a nova rúa que nos abren que retumbaba toda a casa e se non coidan a seguridade das rúas que xa temos como para cuidar dunha nova.

roslev