Carriola. Clube Remo Ría de Marín. 20.06.22
O equipo marinense acadou 2 pratas e 2 bronces en catro categorías

O club de remo Ría de Marín acadou 4 medallas na competición que se celebrou esta fin de semana en Castrelo de Miño, Ourense. Un total de 7 rapazas e rapaces de Marín, de entre 15 e 18 anos anos, viaxaron para participar no campionato galego. Esta é a derradeira proba para estas categorías no calendario galego, que para a próxima fin de semana viaxarán a Sevilla para competir no campionato de España.



