Carriola.Informa Ateneo.24.06.22
Rematando o curso escolar tamén chegan ao seu fin as clases de pintura no Ateneo Santa Cecilia. E para poñer o colofón a este curso imos expoñer un ano máis, unha mostra dos traballos realizados polas alumnas onde se poderá comprobar a súa evolución, coñecemento e destreza no manexo de diversas técnicas pictóricas.
Desde o Ateneo queremos dar os parabéns ás 7 alumnas de este curso así como ao seu profesor Jorge Santiago García, graduado en Belas Artes, polo excelente aproveitamento do curso.
A exposición ARTE CATIVA 2022 permanecerá aberta do 27 de xuño ao 9 de xullo nos horarios habituais do Ateneo de martes a venres de 17:30 a 20:30 e sábados de 11:00 a 13:00 h.
Convidámosvos a visitar esta exposición de ARTE CATIVA xa que a entrada é aberta a todo o publico.