Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Boa participación do Clube de Remo Ría de Marín no Campionato de España de Remo Olímpico cadete e xuvenil en Sevilla

Carriola. Clube Remo Ría de Marín. 26.06.22

Os marinenses presentaron a competición a seis remeiros, dous xuvenís e catro cadetes

O Clube de Remo Ría de Marín participou esta fin de semana no Campionato de España de Remo Olímpico, celebrado en Sevilla. O clube enviou a 6 remeiros,  2 xuvenís e 4 cadetes.

No campionato, dun altísimo nivel e con representación de clubes de toda España,  foron as remeiras cadetes, Saioa Iglesias Domínguez e Pilar García Vázquez, as que acadaron unha mellor posición, quedando en décimo lugar na modalidade de doble scull. Trátase da derradeira proba da tempada para estas categorías, pero non para o resto de remeiros do clube, que competirán nas vindeiras fins de semana  nos Campionatos Galego e de España das categorías benxamín, infantil e veteranos.

roslev