Carriola.Informa Ateneo Santa Cecilia.29.06.22
O vindeiro venres, 1 de xullo as 20,30 h. terá lugar a presentación do libro do profesor Henrique Monteagudo no Ateneo Santa Cecilia de Marín (Rúa do Forno, 42, baixo). Estará acompañado pola directora Comercial da Editorial Galaxia Tati Mancebo.
Henrique Monteagudo é sociolingüista, profesor de Filoloxia Galega na USC., foi secretario do Consello da Cultura Galega, codirector da revista Grial, membro da Fundación Penzol e secretario da Real Academia Galega. Ten investigado e publicado numerosos traballos sobre diversos autores galegos desde a Idade Media ate os nosos dias, así como outros traballos sociolingúisticos e publicacións. Colaborou como profesor convidado en diversas universidades do Reino Unido, California, New York, Buenos Aires, Sao Paulo ou Lisboa.
Continuación
Este libro "O idioma galego baixo o franquismo" e a continuación da ¨Historia social da lingua galega¨ e analiza a política lingüística da ditadura franquista. A marxinación sistemática do galego e a imposición coactiva do castelán que levou a un proceso de substitución masiva do galego.
"A ditadura franquista deixou un legado moi pesado sobre o galego e aínda estamos, a día de hoxe, con ese lastre detrás", afirma. O foco deste ensaio sitúase na resistencia político-cultural galeguista e na súa estratexia dirixida a constituír un sistema cultural autónomo, co idioma como o seu elemento definidor.
O día 1 de xullo no Ateneo será a presentación do libro con entrada libre ate completar aforo.
Inaugurada a exposición “Arte Cativa 2022”
Por outra banda recordamos que xa está aberta a mostra “Arte Cativa” das obras que os alumnos da escola de pintura do Ateneo que dirixe o profesor Jorge García, viñeron preparando para amosar os progresos artísticos de cada un deles, exposición que se pode visitar na sede do propio Ateneo no horrio habitual e ata o día 9 de xullo