Carriola.Ateneo Santa Cecilia.01.07.22
Recordamos quehoxe venres, 1 de xullo as 20,30 h. terá lugar a presentación do libro do profesor Henrique Monteagudo no Ateneo Santa Cecilia de Marín (Rúa do Forno, 42, baixo). Estará acompañado pola directora Comercial da Editorial Galaxia Tati Mancebo.
Henrique Monteagudo é sociolingüista, profesor de Filoloxia Galega na USC., foi secretario do Consello da Cultura Galega, codirector da revista Grial, membro da Fundación Penzol e secretario da Real Academia Galega. Ten investigado e publicado numerosos traballos sobre diversos autores galegos desde a Idade Media ate os nosos dias, así como outros traballos sociolingúisticos e publicacións. Colaborou como profesor convidado en diversas universidades do Reino Unido, California, New York, Buenos Aires, Sao Paulo ou Lisboa.
Este libro "O idioma galego baixo o franquismo" e a continuación da ¨Historia social da lingua galega¨ e analiza a política lingüística da ditadura franquista. A marxinación sistemática do galego e a imposición coactiva do castelán que levou a un proceso de substitución masiva do galego.
"A ditadura franquista deixou un legado moi pesado sobre o galego e aínda estamos, a día de hoxe, con ese lastre detrás", afirma. O foco deste ensaio sitúase na resistencia político-cultural galeguista e na súa estratexia dirixida a constituír un sistema cultural autónomo, co idioma como o seu elemento definidor.