Carriola.Estrela de Marín.05.07.22
A gañadora do soreo celebrado dentro do plan de premioa fidelización ao comercio local da asociación Estrela de Marín, Sara Campo Soage recolleu o seu vale compra que deberá consumir nos tres comercios nos que selou a súa tarxeta de participación, “Xanela”, “Lencería Loli” e “Nube”.
Desde o propio colectivo Estrela de Marín á vez que entregan con satisfacción este premio, lamentan que a gañadora non forma parte do club de fidelización de “Comercio do Morrazo”, polo que non recibiu na súa tarxeta de fidelización 50€ a maiores e rcordan que, formar parte do club de fidelización é gratuito, e polas compras efectuadas, acumúlase unha porcentaxe do importe das vendas.