Carriola. C.R. Ría de Marín. 15.07.22
O equipo marinense participou con 5 embarcacións e conseguiu clasificar unha delas para a final A
O pasado fin de semana, 8, 9 e 10 de xullo, tivo lugar en Banyoles (Girona) o Campionato de España de Remo Olímpico para as categorías alevín, infantil e veteranos. O Clube de Remo Ría de Marín, que participou con 8 remeiros e un total de 5 embarcacións, tiña como principal obxectivo que os máis xóvenes gañasen experiencia nunha competición deste alto nivel de cara a futuras ocasións.
A pesares das duras condicións das regatas, con máis de 35 graos de temperatura e forte vento, que obligou á cancelación das mangas do venres e de todas as repescas, os deportistas marinenses pelexaron duramente fronte aos grandes clubes de toda España.
Os infantís Xián Gutiérrez e Martín Vázquez, que conseguiron clasificarse para a final A, onde finalizaron en 6º lugar. Jose Ramón García acadou a 12ª posición en skiff veterano, e Breogán Gutiérrez Dopazo conseguiu unha 13º posición en skiff alevín. En doble, os veteranos Benito Fernández e Ernesto Vázquez a 13º posición e os infantís Hugo González e Xairo Rivadulla acabaron 19º .
Estas posicións acadadas, e en especial conseguir clasificar un bote infantil na final A, demostra o bo traballo que o clube leva a cabo tempada a tempada coas categorías inferiores, que contan actualmente cun total de 30 deportistas de entre 9 e 18 anos. Non hai que esquecer o alto nivel dos equipos participantes e as dificultades coas que entrena o Clube Ría de Marín, que nin sequera conta cun pantalán para acceder ao mar.