Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Satisfacción entre os bodegueiros da IXP Ribeiras do Morrazo polo resultado da súa Primeira festa en Marín

Carriola.Redacción.19.07.22

Marín acolleu con éxito a celebración da “I Festa dos Viños da IXP Ribeiras do Morrazo” que tivo lugar do 8 ao 10 deste mes na alameda Rosalía de Castro con apoio decidido do concello que puxo a disposición das bodegas os postos nos que ofrecron os seus viños ao público que en gran afluencia acudiu á cita.

O concelleiro do Rural, Pablo Novas reuniuse onte no axuntamento cos representantes dele bodegueiros da bisbarra acollidos á IXP Ribeiras do Morrazo” para facer balance do resultado da festa que todos consideran moi ositivo  falando xa de que teña continuidade no futuro.

Novas Caballero indicou a o termo da reunión que A I Festa dos Viños da IXP Ribeiras do Morrazo cumpriu con todas as expectativas tanto das propias bodegas participantes coma do Concello pois, entre a Adega de Ardán, Os Areeiros, Viñas del Monasterio e Reboraina despacharon nos tres días que durou a feira en torno ás 600 botellas vendidas

O máis importnte é a visibilidade

Desde o colectivo estímase que Así a todo máis alá da venta directa, o máis importante da feira foi a enorme visibilidade que esta lle deu á IXP e ás bodegas entre a veciñanza da zona do Morrazo. 

O concelleiro asegurou que os bodegueiros quedaron moi satisfeitos e que Quedoulles moi bo sabor de boca de cara á realización de novas edicións”. Novas indicou que desde o Concello, aportáronse as casetas, a organización, a cartelaría e promoción e a animación musical, e tamén considerou que o balance é moi positivo, para engadir finalmente. “Este é un sector importante que se debe potenciar, xa que hai unha tradición vitivinícola moi arraigada no Morrazo, que se foi perdendo co paso do tempo por non ter esa IXP e con este impulso, grazas aos adegueiros e viticultores, ponse esta semente para seguir potenciando e axudando no futuro”. O edil do PP cre que pode ser tamén unha oportunidade de fomento económico para o rural marinense.

roslev