Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Bloque pide unha mellora sustancial na sinalización horizontal do vial de praias para mellorar a seguridade

Carriola.Redacción.23.07.22

Lucía Santos solicita o pintado da sinalización horizontal do vial de praias para reforzar a seguridade viaria e o bo funcionamento da circulación do tráfico. Santos demandou a creación dun espazo para aparcamentos de motos na contorna da praia de Mogor, xa que actualmente a zona conta cun número de prazas moi reducido.

As marcas viais que van dende o final de Portocelo até o cruce de Aguete co vial EP-1205 atópanse prácticamente borradas en varios tramos”- denuncia Lucía Santos Omil, portavoz do BNG no concello que engade: polo que resulta difícil distinguir as liñas das prazas de aparcamento ou as liñas que separan a beiravía do vial.

Santos Omil ven de solicitar na comisión informativa de tráfico, que se leve a cabo un novo pintado da sinalización horizontal do vial de praias neste tramo para reforzar a seguridade viaria e o bo funcionamento da circulación do tráfico”.

Máis aparcamentos para motos

Por outra banda, reclamou “a creación dun espazo para aparcamentos de motos na contorna da praia de Mogor, xa que actualmente a praia conta cun número de prazas moi reducido, demanda foi trasladada por persoas usuarias do transporte en moto que din ter dificultades para poder aparcar na contorna do vial de praias no lugar de Mogor pois,  Amais, non se atopa en bo estado polo levantamento do firme debido a existencia de numerosas raíces de eucaliptos.

Lucía Santos considera insuficiente o aparcamento para bicicletas que está a carón do das motos que invaden ese espazo polo que insiste na necesidade da dotación dunha nova zona de estacionamento para estas.

 

 

roslev