Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Palco da Música e a Alameda Rosalía de Castro será o centro de celebración do Día de Galicia coa Romaría de Trompos ós Pes e o reparto de mochilas conmemorativas

Carriola.Julio Santos Pena.23.07.22

Marín celebrará o Día de Galicia cun acto institucional no Palco da Música e tamén coa XXIII Romaría Popular de Trompos Ós Pés que será todo un referente folclórico da terra musical e culturalmente falando. Tamén lucirá a “Alfombra Mundial Xacobeo 22 co deseño común en moitos países do mundo

O Palco da alameda acollerá o acto institucional co que o Concello de Marín centrará a celebración do “Día de Galicia” no que a alcaldes María Ramallo fará lectura dun escrito eferente ao significado desta festa, traslo que se procederá a entrega de 500 mochilas  conmemorativas finalizando o acto coa interpretación do Himno Galego.

Romaría de Trompos ós Pes

Vintetrés anos leva o veterano grupo “Trompos ós Pes” organizando a súa Romaría que este ano coincide coa celebración da Patria Galega e nunca mellor que coas gaitas e as danzas desta terra que forman o grupo marinense, e tamén coa presenca de numerosos artesáns galegos que ofrecerán os seus artigos e traballos no recinto da alameda onde su ubicarán os postos de exposición e demostracións a partir das 10,30 horas.

Outros actos da romaría

Ás doce do mediodía actuarán os máis novos do grupo organizador que pertencen á súa escola de música e baile.

Ás seis da tarde haberá xogos tradicionais

Ás 20,00 actuará o grupo invitado a esta festa “Treboeiros de Muimenta”

Ás 20,30 efectuarase o sorteo dos artigos donados polos artesáns expositores

Ás 21.00, cantopopular con “Asxupen”, do Grove; “Garatuxa” de Vigo e “Ferrias” de Marín

Ás 22,30 será o fin de festa coa degustación dunha queimada de balde

Alfombra floral mundial na Alameda

Ademais, Marín sumarase ao proxecto “Alfombra Mundial Xacobeo 2022, que suporá a creación dunha alfombra floral na Alameda por parte do grupo de alfombristas que normalmente se encargan de realizar estas creacións na zona do Templo Novo.Este é o segundo ano no que Marín se suma a esta iniciativa de alfombra floral con motivos do Camiño de Santiago que se representa en diversos países do mundo e a obra Poderá verse o luns nun lateral do Palco da Música.

 

roslev