Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Plataforma de Seixo iniciará en agosto unha campaña de recollida de sinaturas da Iniciativa Popular ás portas dos centros de saúde de Marín

Carriola.Iria Aboi.(*).24.07.22

A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo, que agrupa a 21 colectivos e asociacións das parroquias de Santomé de Piñeiro, O Campo, Ardán e Seixo, no concello de Marín, celebrou  unha concorrida asemblea veciñal na Alameda de Seixo, para informar da grave situación do Centro de Saúde de Seixo, de Marín, das urxencias do PAC no concello e no Hospital Montecelo e concretar as novas protestas despois dun ano de loita por unha atención sanitaria digna.

 A asemblea comezou cun recordo para os veciños da parroquia do Campo que están a defender a vida no rural contra os lumes do Courel. Así mesmo houbo un sentido aplauso para a familia de veciñ@s da nena de 12 meses que tiña que ser trasladada do Hospital Provincial de xeito urxente para ser operada en Santiago e a ambulancia se retrasou e o desexo de que se recupere o antes posible e de que ninguén máis sufra esta situación.

Asistentes á concentración

 

Iniciativa Lexislativa Popular

A asemblea acordou unha recollida de sinaturas da Iniciativa Lexislativa Popular, en conxunto co resto de plataformas galegas, que realizarán a partir de agosto de xeito fixo nos centros de saúde de Seixo e Marín e noutros lugares que se informarán posteriormente. Estas mesas de recollida de sinaturas irán acompañadas de asesoramento para a veciñanza que queira poñer reclamacións para ter unha atención sanitaria digna cando o precisa, sexa referido a demoras nas citas co seu médico de cabeceira, con especialistas ou pola situación do servizo de ambulancias ou a saturación das urxencias.

 Monumento a un ano de loita veciñal

No acto tamén se presentou o monumento a un ano de loita veciñal, unha estrutura artesanal en forma de cúpula, con estrutura de madeira e anclaxes de metal, feita polas veciñas e veciños, na que se pode mirar unha escolma de fotos das actividades feitas pola plataforma dende a súa creación en xullo de 2021. Esta estrutura estará situada na Praza de Abastos para poder ser contemplada pola veciñanza que non puido acudir á Asemblea. O remate púxoo o grupo musical marinense A Revolta conformado por varios veciñ@s das parroquias afectadas e que tocou algúns dos seus coñecidos temas ata entrada a noite.

 Monumento a un ano de loita

 

Mobilizacións necesarias

Lembramos que mobilizarse contra os recortes é necesario porque quedando na casa perderiamos o máis valioso que temos que son os servizos públicos a comezar polo dereito á saúde por iso convidamos ás veciñas e veciños a que agora participen da recollida de sinaturas porque temos que seguir coa presión á Xunta, como están facendo tamén noutros lugares. Nnon imos agardar a que pase algo grave para saír á rúa e pedimos que a veciñanza do resto do concello nos apoie, porque se trata de defender unha boa sanidade pública para todas e todos.

(*) Iria Aboi Ferradás é a portavoz da Plataforma

roslev