Carriola. Redacción. 25.07.22
Á unha do mediodía María Ramallo, alcaldesa de Marín á que, seguramente, acompañarán outros membros da Corporación Municipal, fará lectura dun manifesto co gallo da conmemoración do Día de Galicia neste 25 de Xullo. E a asociación Trompos ós Pes poñerá a festa e o folclore co mesmo motivo na súa tradicional Romaría
Desde ás dez e media do mañanciña xa se irá estruturando a Romaría Popular que a asociación cultural Trompos ós Pes organiza cada ano por estas datas, abrindo os postos de artesanía galega que se instalaràn ao longo da alameda Rosalía de Castro.

Una imagen de la romería en 2010
O grupo folclórico de dita asociación amosará os resultados da súa escola ya que ás doce, antes do acto institucional que terá lugar no palco da propia alameda, actuarán os pequenos do grupo, verdadeira semente do folclore marinense neste colectivo que ten moitas dècadas de antigüedade e un longo historial xa que pasaron por él centos de rapaces e rapazas moitos dos calaes destacaron e ainda se atopan no mnudiño do folclpre galego .
Acto institucional
E será á unha da tarde cando se inicie o acto institucional de exaltción desta xornada tan importante para a identidade galega como é o Día da Patria. A alcaldesa e outros membros da Corporación municipal estarán no Palco da Alameda desde onde está prevista a lectura dun manifesto de exaltación da xornada e procederase á entrega dun agasallo consistente nunha mochila con referencia á mesma.
Máis festa
Xa polo serán, ás seis da tarde, organizaranse para os mais novos una sesión de xogos tradicionais nos que case sempre acaban participando os maiores más nostálxicos, e ás 20 horas está prevista a actuación de “Treboeiros da Muimenta” para seguir co sorteo de agasallos consistentes en artigos que doan os expositores da romaría para este fin.
Ás nove da tarde haberá “Canto Popular” compartido por os colectivos “Asxupen”, de O Grove; “Garatuxa”, de Vigo e “Ferriñas” de Marín
Rematará a xornada festiva e folclórica cunha gran queimada de balde que se ofrecerà na propia alameda.
Alfombra floral mundial na Alameda
Ademais, Marín sumarase ao proxecto “Alfombra Mundial Xacobeo 2022”, coa creación dunha alfombra floral na Alameda por parte do grupo de alfombristas que normalmente se encargan de realizar estas creacións na zona do Templo Novo. Este é o segundo ano no que Marín se suma a esta iniciativa de alfombra floral con motivos do Camiño de Santiago que se representa en diversos países do mundo e a obra Poderá verse o luns nun lateral do Palco da Música.

Diseño común para las 310 ciudades de 30 países, diseño de Antonio Cunha de Setúbal
En 310 cidades de 30 paises do mundo e cinco continentes se confecciona esta noite, se non o fixeron xa en días pasados, unha alfombra diseñada nesta ocasión polo artista portuguës Antonio Cunha de Setúbal quen, ademáis dos motivos xacobeos fai referencia na súa obra ás vidreiras das igrexas que os pelegríns visitan ao seu paso cara a Catedral Compostelana. En cada un dos puntos onde se confecciona esta alfombra, farase seguindo o deseño proposto, empregando os materiais que sexan do seu costume pero tratando de unificar o significado da alfombra na esperanza de que un ano máis sexa un éxito de compenetración mundial Xacobea.