Carriola.Redacción.26.07.22
A Alameda Rosalía de Castro acolleu onte os actos de celebración do Día de Galicia cunha gran animación ao longo de toda a xornada debido a que, ademáis do acto institucional que protagonizaron os membros da corporación municipal do PP e do PSOE co pronunciamento da alcaldesa María Ramallo, celebrouse a Romaría de Trompos ós Pes na súa XXIII edición.

Desde primeira hora foise formando a “XXIII Romaría de Trompos ós Pes” na alameda coincidindo coa celebración do “Día da Patria Galega” cuios actos tiveron lugar tamén no mesmo parque. Numerosos postos de artesanía con artesáns traballanado “en vivo” en algúns casos, dispuxéronse ao longo dos paseos da alameda ofrecendo os seus produtos e ao mediodía deron comenzo as escenas de folclore protagonizadas polos diversos grupos de “Trompos ós Pes” que acadaron numerosos aplausos do tamén numeroso público concentrado no recinto.

Acto institucional e alfombra conmemorativa
Á unha da tarde, tal como estaba anunciado, iniciouse o acto institucional consistente nunhas palabras de felicitación e exaltación do Día de Galicia pronunicadas pola alcaldesa María Ramallo que se atopaba acompañada pola práctica totalidade dos seus concelleiros y tamén por una representación do grupo socialista.

Tras a intervención de Ramallo procedeuse a cantar o Himno Galego interpretado tamén polas gaitas de “Trompos ós Pes”, e o acto finalizou coa entrega dunhas mochilas conmemorativas deste día ás persoas que quixeron subir ao palco onde se atopaban os concelleiros para facerlles a entrega correspondente.

A Romaría continuou tamén pola tarde con gran presencia de público e animación de distintos colecivos folclóricos que actuaron no recinto que se atopaba presidido pola alfombra xacobea internacional confeccionada la entrada da alameda polos alfombristas marinenses que reproduxeron fielmente o deseño do artista portugués Antonio Cunha e que se fixo en máis de 300 cidades do mundo para exaltar o Xacobeo como expresión mundial de fe e hermanamento.