The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A presentación en Seixo do libro Galegos No Exército de Euzkadi 1936-1937, de Sergio Balchada Outeiral "Satxa", e a homenaxe á Capirota centran este mes a actividade de Memoria Histórica de Marín

Carriola.Informa ARMH.08.08.22

O día 10 de agosto de 2022 farase a presentación en Seixo do libro Galegos no exército de Euzkadi 1936-1937" do investigador marinense Sergio Balchada Outeiral "Satxa" e neste mesmo mes, o día 18 terá lugar o acto de homenaxe a Carmen Pesqueira “A Capirota” na praza que leva o seu nome, na roda,  frente a Fondo do Saco

 A Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín, presenta o mércores 10 de agosto o libro "Galegos no exército de Euzkadi 1936-1937"  do investigador oriundo de Marín, Sergio Balchada Outeiral. O acto será as oito da tarde no salón de actos da Casa de Cultura de Seixo (Rúa Ángel Araujo Escribano 8 - Seixo - 36913 Marín). Contaremos coa presenza do autor que disertará sobre o seu traballo de investigación.

 Sergio Balchada, Satxa, como historiador e investigador ten numerosos artigos publicados nas revistas Luzes, Aztarna (Revista da Asociación do mesmo nome de Etnografía e Difusión do Alto Nervión), Estibaus (Boletín de Altzako Historia Mintegia) e en Nós Diario.

Dende o ano 2014 publica o blog elgajedeloficio.wordpress.com con varios apartados: Idade Media, Idade Moderna, Guerra Civil Española, cine, ... Satxa tamén é guionista e actor de cine. A modo de exemplo podemos citar a longametraxe Baile en el sindicato ambientada no frente de Álava na Guerra Civil. Tendes un enlace no blog dentro do apartado de cine.

A presenza dos milicianos galegos, e moitos de Marín,  en Euskadi

 ”Galegos no exército de Euzkadi 1936-1937" recolle e divulga a presenza de milicianos galegos no "Euskadiko Gudarostea" (Exército de Euskadi). Esta presenza non foi anecdótica e podería superar os dous mil efectivos, en base aos datos obtidos na investigación de Balchada Outeiral. No libro atopamos un apéndice cunha lista de 997 galegos identificados en documentación obtida en distintos arquivos. De eles temos que cerca do 11%, un total de 106, son veciños de Marín e as súas distintas parroquias. Aos xa coñecidos por todas e todos nós como son Emiliano Manduca Rosales Davila, os irmáns Manuel e Antonio Aguete Lino ou os irmáns Antonio, Gerardo, José e Manuel "Muchiquín" Lobeira Rodríguez, temos que sumar 99 nomes adicionais de diversos lugares marinenses: Aguete, Ardán, Bagüín, Cantodarea, Castro, Coirados, Loira, Mogor, O Campo, Piñeiro, San Xián, Seixo, ... e que loitaron, entre outras agrupacións no batallón CNT 1 Bakunin, no batallón CNT 6 Celta ou na Mariña Auxiliar de Euzkadi.

Verdadeiramente este libro é un claro exemplo da tremenda importancia do traballo dos investigadores, de que hai que seguir mellorando o acceso aos distintos arquivos (a día de hoxe persisten certos atrancos) e que as administracións e a sociedade civil temos que seguir apoiando a saída a luz e a publicación de ditas investigacións.

18 de agosto de 2022 | Acto de homenaxe a Carmen Pesqueira "A Capirota" na praza que leva o seu nome"

 Neste 18 de agosto ás 13 horas na praza e xardín que leva o seu nome na rúa da Roda, recordaremos a Carmen Pesqueira Domínguez "A Capirota", asasinada, privada da súa vida para escarmento das que ousaran levantarse aínda que só fora coa súa voz contra o novo réxime implantado polos militares golpistas. Esa mesma noite foron buscar a Cangas a Dolores Blanco Montes e as dúas compartiron a tráxica viaxe ata o Pozo da Revolta e aínda que Lola puido saír con vida fuxindo polo monte a súa vida foi un inferno pola brutal represión contra ela e a súa familia.

Asun Bernárdez Rodal, Ana Acuña e o grupo folk “A Revolta”

Este ano contaremos coa presenza de Asún Bernárdez Rodal autora do libro "Lola, filla de Cangas" e editado no ano 2020 pola Asociación Cultural Memoria Histórica 28 de agosto de Cangas.

Asún Bernárdez é Catedrática de Periodismo na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid. Especializada nos estudios de Comunicación e Xénero, Semiótica dos Medios de Masas e Teoría da Información.

É Doutora en Periodismo e Licenciada en Filoloxía Hispánica. Dirixiu o Instituto de Investigacións Feministas da Universidade Complutense de 2011 ao 2019. Foi tamén coordinadora do Programa de Doutorado en Estudos Feministas e de Xénero y do Máster en Estudos Feministas. Formou parte da comisión de expert@s para a violencia de xénero nos medios de comunicación do Ministerio de Igualdade.

Tamén contaremos coa participación da compañeira da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín, Ana Acuña Trabazo.

O acto finalizará coa actuación musical do grupo de folk combativo "A Revolta".