Carriola.Redacción.14.08.22
El Pleno de esta semana tomó el acuerdo fundamental para cualquier gobierno que es el de la aprobación de su Presupuesto que regirá la política a seguir. No tuvo el PP ninguna dificultad en sacar adelante el documento porque de 22 votos cuenta con 15 y eso en Democracia es lo que es. La Oposición se muestra contraria, como sería raro que así no fuera, pero el gobierno que lidera María Ramallo ha ganado la batalla una vez más.
Larga fue la exposición del PP al Pleno para explicar su plan presupuestario. Diríamos que larguísimo pero es lo normal cuando se trata de un tema tan importante que diseña la acción política para todo el 2022. Y se empezó asegurando que la redacción del documento responde a la legalidad y a los acuerdos con los trabajadores en la Mesa d Negociación preceptiva y se aseguró que es “Un orzamento que ven a reflexar a realidade económica do concello, cunhas cuantías sensiblemente superiores a do ano anterior e que son fiel reflexo dos recursos que se preveen obter neste concello a lo longo de este ano, e os cales son os que se poden xestionar, nin máis nin menos.”
No subir impuestos
Se justifica que se ha tratado de evitar subidas de impuestos y tasas como viene ocurriendo desde hace muchos años “Temos moi claro que moitas das tasas municipais son deficitarias como poden ser o abstecemento de auga, o alcantarillado ou a recollida de lixo, e sería importante facer unha actualización, Ao igual que impostos como o IBI, que como todos somos coñecedores, teñen uns valores catastrales que non foron revisados dende hai máis de 36 anos, polo que están na metade do que suporía unha actualización dos mesmos, e polo tanto insisto estamos cunha presión fiscal moi por debaixo da gran maioría dos concellos da nosa categoría, levamos xa 11 anos gobernando neste concello cos mesmos recursos dende o inicio, o que nos exixe e obriga a facer un maior esforzo para xestionar e optimizar mellor os recursos e priorizar no que realmente é máis importante”.
Proyectos afrontados por convenios
El concejal de economía, Manuel Santos reconoció en su exposición en aras a la seriedad y rigor y a la limitación de gastos:“Queda claro por tanto, que dado que co orzamento municipal non é viable dar cobertura a grandes proxectos e infraestructuras para Marín, a maioría dos proxectos teñen que ser xestionadas a través de convenios, fondos e subvencións doutras administracions, polo que como comentaremos máis adiante e como ven sabedes non se contemplan inversións nestes orzamentos”.
El documento en números
Reproducimos a continuación el texto íntegro de la parte que habla de los números y la justificación de los mismos: En conxunto - manifestó Santos Costa -o orzamento que se presenta, ascende a cantidade de 14.895.099,40€ o que supón un incremento do 9,17% en relación cos 13.529.069,20€ do último orzamento aprobado. Polo tanto o orzamento se incrementa en aproximadamente 1.366.030.-€ máis.
Entrando xa na exposición das cifras que conten o documento e no que respeta as partidas de INGRESOS, insistimos que éstos, como xa comentamos, son o reflexo da realidade que se pretende dar con este orzamento.
1.- Os impostos directos ascenden a 4.049.353,60 €, fronte aos 3.906.517,62 € do exercicio 2021, o que significan 142.835.-€ máis. Polo tanto representa un 27,19% do total do orzamento, e supón un incremento do 3,5% respecto do ano 2021.
O maior importe da estimación de ingresos en este capítulo, deriva do axuste na previsión inicial en base a execución orzamentaria do último exercicio, o cal como o resto de impostos e tasas en xeral que se contemplan neste orzamento, se estiman polos dereitos recoñecidos netos do ano anterior, así como tamén en base a recaudación neta durante o último exercicio.
Neste sentido cabe destacar un pequeno incremento na previsión de ingresos no Imposto sobre vehículos de tracción mecánica e no Imposto sobre Actividades Económicas, e unha pequena disminución na previsión do Imposto sobre Incremento do Valor dos Terreos ( o que coñecemos pola plusvalía municipal ), que polas novas normas de cálculo se preve unha menor recadación por este imposto.
En canto a previsión de ingresos do Imposto sobre bens inmoble ( o IBI ), prácticamente non hai variación con respecto ao orzamento do ano 2021.
2.- Os Impostos Indirectos, que se corresponden co Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras, reflexa un pequeno incremento de 30.000.-€ respecto do último orzamento e cun importe de 150.000,00€.
Esta previsión é acorde cos dereitos recoñecidos e o recaudado ao longo do ano 2021, donde se constataron un maior número de solicitude de licencias urbanísticas.
3.- As taxas, precios públicos e outros ingresos representan 3.109.511,81 €, incrementando a previsión do ano 2021 en 178.000.-€, xa que ascendía a 2.931.543,04€, polo tanto un incremento do 5,72%.
Este incremento está xustificado en atención á eliminación das medidas aprobadas nos anos anteriores en relación a xestión tributaria dada a situación de crisis sanitaria e económica.
As taxas supoñen o 20,88% do total do orzamento.
4.- As transferencias correntes ascenden a 7.558.711,99 €, o que representa un 50,75% do total do orzamento, e que supón un incremento do 13,43% respecto do último orzamento.
Desa cantidade 6.279.231,13€ corresponden a Participación Municipal nos Tributos do Estado, e 1.279.480,86€ ao Fondo de Cooperación Local e outras aportacións da Xunta de Galicia.
En canto aos gastos, tal e como vimos actuando nos anteriores exercicios, tratamos de reducir e rebaixar todos aqueles gastos superfluos, e incidir nun incremento de aqueles gastos, que en moitos casos se asimilan a inversions, e os que redundan nunha mellora de servicios e mellora de infraestructuras e das instalacions municipais”.
Partidas más importantes de gastosen el apartado de gastos
Abordó a continuación el apartado de gastos señalando las partidas más importantes contempladas en este nuevo presupuesto:
1.- En materia de persoal:
O capítulo 1 de Gastos de Persoal ascende a un importe de 6.082.732,89€, o que representa o 40,84% do orzamento, e supón un incremento en termos absolutos do 3,20% respecto a o último orzamento, que ascendía a 5.888.483,69€ e nel recóllense as actualizacións das retribucións do personal aprobadas nos orzamentos xerais do Estado para 2022. Temos que destacar que vai consignada a dotación orzamentaria necesaria para cumplimentar os acordos acadados nas Mesas de Negociación cos sindicatos, co fin de incrementar o 15% dos complementos específicos coa finalidade de dar cumprimento o 100% do importe aprobado na RPT, dando total cumprimento ao acordo plenario de data de 12 de xullo de 2017 e tamén se consignan os importes correspondentes as achegas municipais en relación aos programas de emprego subvencionados por outras administracións.
2.- En gastos en bienes corrientes y servizos,
Plantéxase a hipótese de dotar o crédito necesario para o mantemento de infraestruturas, reposición e conservación, e a cobertura dos servizos básicos municipais, o que representa un total de 8.204.394,42 €, isto é, o 55,08% do total orzamentado, o que supón un incremento do 12,98 % respecto das previsións do último orzamento que ascendían a 7.139.308,19€.
Resume este apartado el edil responsable especificando que entre los dos capítulos anteriores, personal y gastos corrientes, se va el 95,92% del total del presupuesto de gastos y a continuación aborda el apartado de los gastos financieros
3.- Gastos financieiros, Dótanse os créditos iniciais necesarios para o pago dos xuros que se devenguen no exercizo 2022 pola formalización das operacións de préstamo vixentes e os xuros que se poidan devengar na xestion ordinaria do orzamento de gastos.
4.-As transferencias correntes ascenden a 252.778,50 €. Dótanse os créditos iniciais para concesión de subvencións nominativas para o fomento de actividades de acción social, actividades deportivas, actividades culturais e actividades de fomento do comercio local, asi como os importes necesarios para a tramitación de subvencións en concurrencia competitiva no ámbito deportivo. Asemade contémplanse transferencias para o cofinanciamento das escolas infantís, cofinanciamento do programa de xantar na casa, así como as cuotas correspondentes en base aos convenios de colaboración suscriptos polo Concello de Marín con distintas entidades públicas.
Consignase un Fondo por importe de 146.239,59 €, co fin de dar cumprimento ao compromiso adoptado aos efectos da adhesión ao Fondo de Financiamento das Entidades Locais, polo préstamo adquirido para facer fronte á sentencia recaída polo contencioso con Urbaser.
Sin dotación para inversiones con vistas a proyectos cofinanciados
Que el presupuesto se consuma casi totalmente con los apartados anteriores, hace que no se contemple cantidad alguna para inversioens, lo que no quiere decir que no se vayan a hacer según explicó el concejal “En canto a este capítulo, se comproba que non vai reflexada ningunha dotación para inversión, posto que o orzamento cos recursos dos que dispoñemos, se queremos dar cobertura aos servicios básicos municipais, non permite destinar ningunha partida a este concepto. Neste sentido, continuamos na senda da execución dos proxectos financiados na súa totalidade ou cofinanciados por outras administracions como a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e os Fondos Europeos, facendo de Marín una ciudade sostible, creando espazos públicos de calidade para o uso e disfrute dos nosos veciños.
O remate das obras da Avenida de Ourense e a reforma do Paseo Alcalde Blanco, así como o inicio das obras do Equipamento Socio Cultural ou a remodelación da praza do Mercado en Seixo son claros exemplos de elo.
En definitiva reitero, un orzamento para intentar mellorar a nosa cidade en todos os aspectos, tratando de prestar maiores y mellores servicios, cunha mellor xestión e optimizando os recursos dos que dispoñemos e conxelando un ano máis as tasas e impostos municipais”.
"Presupuesto absolutamente realista"
De “absolutamente realista” siguiendo la línea del anterior tratando de no cargar más a los vecinos en este momento de crisis, según calificó Manuel Santos el presupuesto elaborado, y dijo “Polo tanto, o orzamento municipal é absolutamente realista, quizás un dos mais realistas dos últimos exercicios, derivada da crise que se arrastra debido á situación sanitaria e económica, da subida dos prezos a finais do ano pasado, e ao novo escenario da invasión de Ucraína por Rusia que afectou á alza dos prezos, cunha galopante inflación, situación que está afectando de xeito intenso aos sectores produtivos. Este goberno municipal asume o compromiso de xestionar un incremento dos costes dos servicios municipais, tratando en todo caso de manter unha adecuada prestación dos servizos públicos de competencia municipal e, con carácter xeral, mantense os gastos xa previstos no orzamento anterior aínda que nalgúns deles prodúcese incrementos en función da súa comparativa coa execución dos últimos orzamentos liquidados”.
Créditos iniciales para mantener los servicios
Defendió el edil de economía la dotación de apartados necesarios para atender el correcto funcionamiento de los servicios municipales como - dijo “o alumeado público, a limpeza de edificios e instalacións públicas, mantemento de vias públicas, recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos, saneamento, abastecemento, mantemento de zonas axardinadas e xestión medioambiental, as praias, o rural, e a realización de actividades culturais, deportivas e de esparcemento e ademáis, apostamos máis que nunca polas políticas sociais xa que a situacion actual ten provocado un incremento de actuacións no departamento de servicios sociais, que repercute considerablemente nos gastos destinados á asistencia social”.
En la misma línea aseguró que “Se incrementan o número de horas destinadas á dependencia, ao servicio de axuda ao fogar, as axudas económicas e de alimentación dos máis necesitados, incrementando con elo a financiación de todos estes conceptos e todas as axudas destinadas aos sectores e persoas máis afectadas e con risco de exclusión e, como fixemos nos últimos cursos, auméntanse os importes destinados a cofinanciar tanto os comedores escolares, como para asumir o coste dos gastos de comedor de todos os rapaces que non poden costear dito servicio”.
Apoyar las inversiones en la gestión con otras administraciones
Vuelve a referirse a las inversiones a realizar que indicño, no estàn reflejadas en el proyecto de presupuesto y explica que “no actual exercicio se veñen tramitando e executando varios proxectos de investimento para cuxo financiamento se dispuxo de fondos propios procedentes fundamentalmente do remanente de tesoureria para gastos xerais ou ben se cofinancian con achegas doutras Administracións Públicas a través da sinatura de convenios colaboración con outras Administracións e a través das axudas solicitadas ao abeiro das distintas ordes de subvención. A xestión de inversións derivadas da execución xa avanzada de Fondos Europeos como a EDUSI, así como a consecución de Fondos Next Generation a través de Convenio de Plan de Sostenibilidade Turística que terá unha proxección de execución de 3 anos, supoñen un aliciente importante para este capítulo xa que promoven inversións importantes”.
Abogó por seguir gestionando y solicitando más fondos “Como por exemplo - dijo -as solicitudes dos Fondos PIREP de rehabilitación de instalacións deportivas, así como da Reforma da Casa Consistorial que aínda estarían pendentes de resolución, que en todo caso suporían a posibilidade de poder levar adiante eses proxectos, xa que de xeito único por parte desta administración local sería imposible”.
Espacios y actividades de dinamización comercial y cultural
Más adelante y refiriéndose a la necesidad de dinamizar otros aspectos aseguró “Continuamos rexenerando espazos, tratando de facer campañas que posibiliten o impulso do pequeno comercio, con actividades de dinamización, culturais, deportivas, eventos que traten de influír positivamente na hostalería, facilitando zonas de terrazas, contratando actividades e eventos que repercutan no noso comercio local”.
Conclusiones finales
Manuel Santos, ya al final de su primera intervención hizo un resumen general de la exposición realizada que íntegramente reproducimos a continuación:
“En definitiva, se trata dun Proxecto de Orzamento que trata de exprimir ao máximo os nosos ingresos, que posibilita a capacidade de inversión a través de aportacións doutras administración como ven sucedendo estos últimos anos e que é prudente na súa execución. En liñas xerais é un orzamento real e previsible, que acompasa a súa evolución a gran parte dos retos marcados dentro das competencias municipais facendo un extraordinario esforzo na súa execución.
Repito que estos son os orzamentos nos que máis partidas orzamentarias se destinan a políticas sociais, que creemos que son fundamentais nestes momentos tan complicados, incrementando as mesmas en máis de 250.000.-€
Continuamos mantendo e incrementando o gasto corriente asimilado a pequeñas inversión, mellorando e renovando ano tras ano as infraestructuras municipais, mellorando as nosas canalizacións de servicios, os firmes dos viais municipais, e renovando o noso alumeado público, co fin de obter unha maior eficiencia e aforro enerxético.
Se destinan maiores cantidades nas partidas como as de subministro de enerxía, cunha previsión dun incremento dun 50% máis en relación a anos anteriores, debido aos elevadísimos precios do seu subministro.
Se incrementan tamén as partidas destinadas a mellora da xestión medioambiental, a mellora do noso rural, a mellora dos nosos parques e xardins, e facendo un gran esforzo por manter as nosas praias e todo o seu entorno en perfecto estado.
Se produce tamén un incremento nas cantidades destinadas educación, o deporte, a cultura e a festas tamén, adaptándoas a unha situación xa de normalidade, que estes anos atrás se viron mermadas polas circunstancias que todos coñecemos da situación da pandemia.
Importes necesários para reactivar de novo a nosa oferta deportiva, cultutal, lúdica e festiva, para axudar tamén a reactivar e dinamizar a nosa economía local e mantendo unha axenda deportiva e cultural ao longo de todo o ano.
Porque como xa dixemos en moitas ocasión, levamos anos apostando por dinamizar o noso concello coa celebración de multitude de eventos, cuios resultados e recoñecementos están ahí.
Potenciando e ampliando en cuantías e actuacións tamén o noso Plan Cultural para poder facilitar as agrupacións musicais, folclóricas e culturais do noso concello as actuacións concertadas.
Seguimos coa filosofía de promocionar eventos deportivos, culturais e festivas, como escaparate para promocionar o noso concello, para promocionar o turismo e dinamizar a nosa economía.
Se actualizan polo tanto as cantidades necesarias para poder asumir os incrementos dos costes dos servicios municipais, que se ven afectados tamén pola galopante inflacción que vimos sufrindo todos.
E repito, un orzamento no que un ano máis non incrementamos as taxas e os impostos
En definitiva, un orzamento xusto, pero dimensionado de maneira que nos permitirá xestionar e traballar de forma correcta, actualizando o gasto corrente para adaptalo aos novos tempos de inflacción e creo que de forma axeitada”.
Larga ha sido la reproducción de la intervención de Santos Costa pero nos parece importante hacer llegar a nuestros seguidores en Carriola de todo su contenido como hacemos con los textos que nos remite la oposición municipal PSOE y BNG contrarias al documento que regirà las finanzas del concello durante este año.