Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Asun Bernárdez Rodal participa este ano na homenaxe de recordo a Carmen Pesqueira, A Capirota, que terá lugar pasado mañán

Carriola.Informa Memoria Histórica de Marín .16.08.22

Pasado mañán, xoves, a Asociación pola Memoria Historia de Marín que preside Queta Molas, rendirá unha nova homenaxe de lembrnza a Carmen Pesqueira “A Capirota”, muller  que foi fusilada no Pozo da Revolta tal día como este xoves do ano 1936.

Neste 18 de agosto ás 13 horas na praza e xardín que leva o seu nome na rúa da Roda, recordaremos a Carmen Pesqueira Domínguez "A Capirota", asasinada, privada da súa vida para escarmento das que ousaran levantarse aínda que só fora coa súa voz contra o novo réxime implantado polos militares golpistas. Esa mesma noite foron buscar a Cangas a Dolores Blanco Montes e as dúas compartiron a tráxica viaxe ata o Pozo da Revolta e aínda que Lola puido saír con vida fuxindo polo monte a súa vida foi un inferno pola brutal represión contra ela e a súa familia.

Asun Bernárdez Rodal auntora do libro “Lola filla de Cangas”

Este ano contaremos coa presenza de Asún Bernárdez Rodal autora do libro "Lola, filla de Cangas" editado no ano 2020 pola “Asociación Cultural Memoria Histórica 28 de Agosto”, de Cangas. Asún Bernárdez é Catedrática de Periodismo na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid. Especializada nos estudios de Comunicación e Xénero, Semiótica dos Medios de Masas e Teoría da Información.

Asun Bernárdez, en una imagen de archivo

 

É Doutora en Periodismo e Licenciada en Filoloxía Hispánica. Dirixiu o Instituto de Investigacións Feministas da Universidade Complutense de 2011 ao 2019. Foi tamén coordinadora do Programa de Doutorado en Estudos Feministas e de Xénero y do Máster en Estudos Feministas. Formou parte da comisión de expert@s para a violencia de xénero nos medios de comunicación do Ministerio de Igualdade.

O acto dará comenzo á unha da tarde e nel tamén contaremos coa participación da compañeira da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín, Ana Acuña Trabazo.

Finalizaremos a homenaxe coa actuación musical do grupo de folk combativo "A Revolta".

 

roslev