Carriola.Lucía Santos Omil (*).13.09.22
Unha actuación tan sinxela como é a colocación de sinalización con pictogramas cognitivos nos edificios públicos favorecería a autonomía das persoas de espectro autista polo que, o BNG de Marín ven de presentar unha moción, para o seu debate no vindeiro Pleno da Corporación municipal, solicitando a colocación de sinalética adaptada ás persoas de espectro autista.
Os edificios e espazos públicos deben garantir a igualdade de condicións para todas as persoas, eliminando barreiras arquitectónicas e creando entornos accesíbeis e comprensíbeis, evitando así situacións de discriminación. A sociedade que queremos para todas e todos é unha sociedade inclusiva, o que require que todas as instalacións do concello estean habilitadas para o uso de todas as persoas. Os equipamentos deben ser accesíbeis e os recursos complementarios necesarios para conseguilo teñen que estar perfectamente implementados.
Unha actuación sinxela e favorecedora
Unha actuación tan sinxela como é a colocación de sinalización con pictogramas cognitivos nos edificios públicos favorecería a autonomía das persoas de espectro autista, facilitando a súa orientación e mobilidade, sabendo que facer e como, ao igual que deberían estar adaptados en canto a niveis de ruído, olores e luces porque o uso de pictogramas mediante debuxos facilitan a comprensión, resultando efectivos para axudar á accesibilidade cognitiva. É por isto, que deberíamos ter en conta a sinalización das rúas para que a xente con diferentes necesidades de comprensión puidese saber en todo momento en que lugar se atopa e que facer no mesmo, así como dirixirse a distintas áreas e zonas do concello.
(*) Lucía Santos Omil é a Portavoz Municipal do BNG