Carriola.J.S.P.06.10.22
Onte vivimos no colegio público de A Laxe un fermoso día de radio escolar e, a decir verdade, quedamos sorprendidos dos medios cos que agora dispoñen os centros educativos y do interés que os nenos e nenas poñen en utilizalos. "Emociónate coa Radio" e o programa que viaxa polos centros educativos galegos
O mundo da Educación é outra cousa hoxendía se o comparamos co que un vivviu durante tantos anos nas aulas nas que pouco máis que tiza de xeso e mapas de parede había para reforzar a tarefa do mestre.
Onte tivemos a sorte e a ledicia de participar nun proxecto de Radio Laxeira, que é a radio do propio colexio; da emisora Si Radio, que leva o medio das ondas por todos os centros escolares de Galicia para crear programas nos que interveñen alumnado e profesorado e se invitan ali onde están a persoas que poden de algún xeito, reforzar o contido do programa falando do lugar onde se atopa o centro e de cousas de interés para o contido do programa.
A Laxe convertiuse onte pola mañá nunha emisora radiofónica na que os contidos do programa quedaron gravados para ser emitidos próximamente polos medios modernos de comunicación que se farán saber con anterioridade. Amparo Gutiérrez, locutora, Anxo Gutiérrez, técnico e Gabino Porto, coordinador, coa colaboración de Miriam, que realiza as montaxes da exposición de radios no tempo, son o grupo de leva adiante esta fermosa idea itinerante por toda a comunidade autónoma.
Os nenos e nenas de quinto de Primaria fixeron unha demostración do seu dominio dos nervios ante os micrófonos e as persoas que os acompañaban, moitas delas cos cascos postos o que, parece que non, pero impón bastante estéticamente. Contaron as súas historias e preguntaron aos invitados cousas de interés e, na mesa radiofónica, estaba a alcaldesa María Ramallo e a concelleira de Educación Marián Sanmartín e contaron tamén coa miña presencia para falarlles de diversos aspectos históricos e culturais da nosa vila que foron do seu interés,
En suma unha agradable xornada de radio escolar que daquí a pouco voará polas ondas de toda Galicia.