Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Museo Torres acolle mañán a presentación do libro de Roberto Mera sobre Alejandro Viana, o Schindler galego

Carriola.InformaARMH.20.10.22

Mañán venres 21 de outubro no salón de actos do Museo Municipal "Manuel Torres" de Marín, terá lugar a presentación do libro "Alejando Viana, un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos” de Roberto Mera Covas, editado por “Belagua Ediciones”.

O acto terá lugar ás 20 horas e será conducido polo integrante da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín, Tino Iglesias.
Roberto Mera recuperou do caixón das historias esquecidas ou non coñecidas, a vida e a extraordinaria odisea do seu tío bisavó Alejandro Viana Esperón, deputado republicano; un home íntegro e entregado aos demais, que participou activamente na evacuación duns 17.000 refuxiados republicanos de Francia a diversos países de América. Coa axuda do investigador local Celso Milleiro, falaremos do vencello de Alejandro Viana co noso pobo, xa que estivo casado coa marinense Josefina Dotras Fábregas.

Premio Antón Losada Diéguez

Esta obra resultou gañadora do Premio Antón Losada Diéguez de Investigación 2022. O xurado destacou a "recuperación e investigación minuciosa sobre un persoeiro pouco coñecido para o gran público, que desenvolveu un labor importante na recuperación da dignidade dos refuxiados españois perdedores da guerra e da súa evacuación a América, cunha ética estrita, e participou na súa evacuación". 

Roberto Mera Covas (Ponteareas, 1971), é licenciado en Dereito e Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela. É avogado e politicólogo e o seu libro sitúanos na Europa ocupada polos nazis, na que miles de exiliados republicanos españois devecían por chegar a América para salvar as súas vidas. Entre eles atopábase Alejandro Viana Esperón (Ponteareas, 1877 - México DF, 1952), deputado republicano de esquerdas ao que ben se podería alcumar como o Schindler galego.
Á fronte de varias organizacións humanitarias, entre elas o Servicio de Evacuación de Refugiados Españoles (SERE), organizou dende Francia a saída de miles de refuxiados nunha trintena de expedicións marítimas colectivas a distintos países de América, na súa maioría a México. Posteriormente, cos alemáns en Francia, arriscou a súa vida para continuar axudando os exiliados até que, acosado pola Falange e a Gestapo, emprendeu en 1941 unha desesperada fuxida. Logo de once meses de anguriante viaxe por África, logrou chegar a México. Alí reencontrouse tempo despois coa súa dona, tras once anos de separación, e viviu coa certeza de que xamais podería retornar á súa terra.

 

 

roslev