The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O pintor sevillano Juan Manuel Álvarez Romero, Mané, abre hoxe unha exposición no Ateneo Santa Cecilia

Carriola.Informa Ateneo.07.11.22

TRÁNSITO,  unha exposición de JUAN MANUEL ALVAREZ ROMERO,  “MANÉ”. O Ateneo Santa Cecilia de Marín, e da man da comisaria Moreira, dedica unha exposición ó artista sevillano, afincado en Ares, A Coruña desde fai case unha década.

Traenos unha selección de debuxos, pinturas e composicións do seu
imaxinario mundo de Dante, parte das súas obras dedicada ao circo, e algunhas dedicadas á vinculación do home coa natureza “unha crítica á mala xestión na súa conservación”.
A obra de Mané, trata diversos estilos, como o surrealismo, expresionismo abstracto, nunha poética crítica e social, onde continuamente narra, conta e transmite a súa percepción sobre a condición humana.
O autor foxe das normas establecidas e aprendidas desde a escola de arte, distanciándose do academicismo imposto, meténdose no dominio dos materiais desde o seu criterio para cada tema ou obra, utilizando todo tipo de materiais, como as algas mariñas ou materiais das crebas do mar.

Non foxe do debuxo, óleo ou lenzos, pero si dos seus condicionantes técnicos.
Mané, artista pertencente á xeración dos 80, nado en Sevilla, concretamente, no Alcázar onde creceu e viviu entre artesáns, pintores, restauradores, músicos e poetas, que como Antonio Machado dicía, nacín nun patio de Sevilla.
Como artista plástico  tivo unha vinculación profesional co mundo da escenografía, opera, cine e teatro, que o levou a viaxar por toda Europa e coñecer persoas como Josev Svoboda, Ingman Bergman,  artistas como Roberto Mata, todos eles deixaron unha profunda pegada e influencia na súa obra e pensamento.
Os últimos traballos pasan polo poema da Divina Comedia de Dante, unha interpretación moi persoal que lle está levando xa dous años, parte dela é o que trae ao Ateneo de Marín.

Escultor e novelista

Nestes dous últimos anos tamén ven plantando esculturas nos bosques galegos, como protesta pola eliminación e non recuperación do bosque autóctono que se está vendo ameazado pola plantación de eucaliptos e polos lumes.
E autor tamén de dúas novelas “El hijo de las costureras e Eco de una memoria” e un poemario “Errante”.
Presentación ás oito da tarde de hoxe

Tránsito inaugurase o luns día 7 de novembro ás 20.00 h no Ateneo de Marín, onde estará ate o día 19 del mesmo mes.
Na inauguración estarán entrevistando e presentando a exposición no programa radiofónico “Encuentro con sueño de Calíope” e a comisaria de exposicións “Moreira”