Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Do Cartafol de Manuel Torres: O OUTONO

Carriola.Redacción.07.11.22

Reproducimos hoxe outro de los artigos de Manuel Torres da súa serie “Do Meu Cartafol” onde mostra a súa outra vocación que, ao marxen do seu enorme valor artístico como pintor, era a de escribir artígos que, como neste caso el Pueblo Gallego, foron publicados por distintos periódicos de Galicia. O que hoxe presentamos titúlase O Outono, y coma sempre respectamos a escrita do autor nunha época en que non se tiña normativizado o Galego

O OUTONO

TODOL-OS días se erguen do mesmo lado nun despreguizarse espranzado e ledo. Xa dinde o solpor, acochado nas somas que surden das valgadas fondas e das mestas arboredas, acrécese un anceio de lus e de quentura, un debecer de craridades e policromías, un degoro de renascencias vitaes. E cando o luceiro da alba, coma un galo cósmico alcende o seu canto de lus gaiolante, aquel anceio que latexaba nas somas da noite estoupa en ledas alboradas con aleluias grises, acarmiñadas. Ábrese de par en par a porta de Ourente e a paisaxe toda, ainda sobrecollida no bafo do abrente, estremécese cos primeiros aloumiños do sol amigo e fecundante, o gran señor soberano da orgánica esistencia, ausoluto e manífico señor. As pérolas de orballo bágoas de emoción que os paniños  das follas enxugaron no desvelo da noite, tremen de ledicia conmovidas pola imaxe do sol refrexada na súa esférica cativeza. A arboreda toda rosma un vago zoar de gaita nista alborada mome de Outono.

O día érguese ledo e preguizoso. A néboa que foi veo da noite, esváese coma unha lembranza e a paisaxe ispida de adobíos amóstrase toda enteira, gozosa e madura como unha dona do Ticiano, e o sol dinde o máis outo sillar do ourizonte olla satisfeito a regalía do mundo vexetal niste día sereo, dourado e morne.

Xa estamos no outo chan do outono. Os sinos sideraes anunciano no ceo e na terra fachendosa de belidas policromías. O paxaro cantareiro, a herbiña tenra ne beira do regato, as cores quentes da arboreda, a doce melanconía da paisaxe toda coordínanse en mudo lenguaxe de sereo contentamento. O cicro da colleita remata baixo un ceo de saudosas tonalidades. Dorme o viño a súa atolada ledicia coutda no ventre fachendoso da fustalla: cambotes de douradas espigas decoran as solainas das casas labregas e no pomareiro estercado de froito maduro o sol tinxe as áureas pinceladas o lombo marelo das vacas.

O día devala pola costa de Oucidente, e polas congostras  que van de vagariño subindo o chan alombado vai o carro atullado de loiras espigas cantando a leda cantiga do outono. O vello petrucio, devanceiro do carro, leva o contrapunto do canto co seu alentador: Ei, boi, ei namentra-las follas murchas van caíndo pouco a pouco nun final de festa todo ledo e morriñento.

roslev