Carriola.Redacción.29.11.22
O Gobeno Local do PP en Marín mantén a súa decisión de continuar co proxecto de construcción dun aparcamento baixo o terreo do Parque Eguren tan criticado polos grupos da oposición que o consideran insuficiente en capacidade e problemático na ubicación.
Así, desde o grupo do goberno anúnciase nun comunicado “Damos inicio á tramitación do anteproxecto para a construcción e explotación dun aparcamiento sorterrado no Parque Eguren. Plantéxase un aparcamiento de 2 sótanos e 218 prazas, e por un importe de execución de 5.338.704.-€, anteproxecto que se basea estrictamente en criterios técnicos, de acordo co estudio xeotécnico o cal é clave para recomendar non ir a 3 sótanos por ter un sustrato rocoso de granito a partir dos 7 metros de profundidade, o que complicaría a súa execución ademáis dun incremento económico elevado”.
Aseguran por outra parte que “En canto á proposta de zona a actuar, tal e como se define na memoria de dito anteproxecto, se ten como premisa respetar na medida no posible a masa arbórea, e manter os muros perimetrais de pedra así como os accesos actuais do parque, co fin de que fose una proposta respetuosa e exercer pouca influencia sobre o medio xa construido e contamos tamén cun estudio de viabilidade económico financieiro cuns valores de previsións de ingresos e gastos e un prazo de concesión de 40 anos”.
Convocatoria ás empresas operdoras
Antes de proceder á validación deste estudio - asegún manifestan - hai que proceder a facer un proceso de concurrencia pública por parte de empresas operadoras no sector para poder presentar as súas propostas de Estructura de Costes previas a elaborar un estudio de viabilidade definitivo, convocatoria que se vai facer ás empresas operadoras do sector, é un requisito legal previo á la elaboración definitiva do documento.
Pasos para iniciar o expediente
Dende o concello inican os pasos para a iniciación do expediente como garantía de transparencia e de xestión axeitada á realidade económica actual que seràn:
1) Solicitar, como mínimo, a cinco operadores a súa estrutura de custes escollidos pola súa relevancia no sector e anunciar no perfil do contratante do Concello de Marín, para que calquera outro operador interesado remita a súa estrutura de custes.
2) En función desta información, elaborar unha proposta de estrutura de custes axustada á realidade económica actual.
3) Someter a proposta de estrutura de custes ao trámite de información pública por un prazo de 20 días.
4) Remitir a proposta de estrutura de custes ao órgano consultivo en materia de contratación da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa de Galiciapara a emisión de informe preceptivo.
5) Ordenar á empresa redactora a integración da estrutura de custes que se propoña, no estudio de viabilidade económico-financeira a efectos de determinar todos os valores e características definitivas da concesión.
Discrepancia coa proposta do BNG
Referíndose á proposta que o BNG presentou ao Pleno da pasada semana, o Goberno local amosa a súa discrepancia co contido da mesma e reproducimos a continuación o seu razonamento íntegro:
“En canto á proposta do Bng, que por certo nos enteramos polos medios de comunicación o mesmo día do Pleno, e que non foi presentada de forma oficial , simplemente mencionada no propio Pleno tamén, chama a atención de que incluso na Comisión Informativa donde se tratou este tema, non fixo mención a ningunha proposta, e nos trae ao Pleno a proposta que agora coñecemos da zona da Dichosa, tendo en conta ademáis que o anteproxecto do aparcamiento soterrado do Parque Eguren xa se lles entragara aos grupos da corporación fai case un ano. Polo tanto, sí reiteramos que é unha ocurrencia de última hora coa que quere xustificar a súas negativas ás nosas propostas de solucionar o problema do aparcamiento no noso concello.
Non están de acordo cos aparcamientos alternativos gratuitos que se puxeron a disposición no casco urbano ( hasta 13 e con máis de 750 prazas )
Non están de acordo tampouco coas zonas de aparcamento gratuito con limitación de dúas horas. E tampouco están de acordo coa construcción dun aparcamiento soterrado no Parque Eguren.
Porque o certo é que o Bng sempre propuso retirar os coches do centro de Marín e a súa proposta sempre foi que se dotasen aparcamientos disuasorios na periferia do noso concello.
Por eso non entendemos que despóis de tanto tempo, cando xa iniciamos a tramitación para dotar dun aparcamiento soterrado no Parque Eguren, agora proponen a construcción dun aparcamiento na zona da Dichosa.
A situación do acceso e saída unha das maiores discrepancias da oposición municipal
Dende o Partido Popular, entendemos que o aparcamento soterrado que propoñemos no Parque Eguren cumpre cos parámetros do Plan de Mobilidade Urbana Sostible ( PMUS ), de feito vai incluido nese documento aprobado no Pleno fai poucos meses.
En contra do aparcamiento que nós plantexamos, no centro urbano, o Bng propón este espacio na Dichosa, máis lonxe, nun Suelo Urbano Non Consolidado, que habería que desenrolar urbanísticamente e no que habería que expropiar todas as parcelas, cunhas comunicacións e accesos complicadísimos, e que terían que aceder os vehículos dende a PO-551 á altura da finca de Alcántara.
Polo tanto, para facer alí un aparcamento nesas parcelas, precisaría dun tempo importante para o seu desenrolo urbanístico, ademáis dun custe económico importante previo para poder facer algúnha dotación aí, algo que xa non precisamos no Parque Eguren que está nunha fase moi avanzada.
E incluso que aínda sendo gratuito non iría moita xente a aparcar nel, salvo os residentes, tendo hoxe en día outros aparcamentos gratuitos máis cercanos no centro, como na Laxe que a día de hoxe ten sítios libres”.